luns, 31 de decembro de 2012

Fragas do Eume - Camiño dos Cerqueiros



Distancia
11,5 Km
Dificultade
Fácil
Tempo
3:30
Tipo de Roteiro
Circular
M.I.D.E.
1.2.2.2.
BTT
 Apta
Descarga Roteiro
Geocaching
FOTOS



Para desexarvos un Bo Nadal Os Caracochas preparamos como regalo de Papa Noel unha pequena ruta cómoda para o inverno na que nos achegamos de novo ás Fragas do Eume para percorrer o Camiño dos Cerqueiros, ruta de altura na que combinamos ambientes de braña e piñeiro coa espesura da fraga nas partes máis baixas da ruta; o maior atractivo de esta ruta son as excelentes panorámicas do embalse do Eume.




O máis complicado de este roteiro é localizalo inicio da ruta para aqueles que non temos un de esos GPS que che falan dentro do coche; para dar co inicio do camiño iremos ata o Mosteiro de Monfero e continuaremos ata Visura e posteriormente a Piladaleña; pasando esta aldea e de forma ascendente continuamos a estrada e veremos un camiño a man esquerda con un cartel de inicio da ruta; metros atrás temos outro panel de inicio de outra ruta. A verdade é que a zona está tan ben indicada que non ten perda.




Deixamos o coche sobre a cuneta por non subir 100 metros e deixalo en unha ampla explanada e iniciamos o roteiro polo camiño que sae do cartel que se ve na fotografía; o camiño polo que nos adentramos na ruta é ancho como na totalidade do trazado e está rodeado por un frondoso pinar no que se abren por veces amplas pradeiras na que pastan vacas ceivas; pronto veremos un paso americano que impide que o gando saia das zonas acotadas. Curiosos son uns cercados que nos atoparemos en case toda a ruta e que serven para aislar especies vexetais plantadas na fraga a modo experimental e impedir a entrada ás áreas a aqueles que non sexan técnicos.




Os primeiros dous quilómetros da camiñata percorren a zona máis alta das Fragas do Eume, como podemos ver na fotografía o camiño máis que unha senda é unha pista cómoda bordeada por castiñeiros e algún carballo que separan o trazado da pista das pradeiras na que pacen algunhas vacas ceivas. o agradable camiño vai pouco a pouco perdendo altura entre curvas para ir perdendo de vista o embalse e os cumios próximos para entrar na espesura da fraga.





Uns dous quilómetros despois de iniciar a camiñata chegamos a un cruce no que vemos o inicio da fraga; está indicado con unha frecha de madeira un camiño que baixa ata o encoro do Eume; nós decidimos tomar este ramal para facer unha pequena derivación sinxeliña pero moi agradable á vista de pouco máis de un par de quilómetros ida e volta. O trazo do camiño segue sendo ancho pero moi fermoso en tempo de inverno dado que estaba totalmente cuberto de follas secas de carballos e castiñeiros que non só era un disfrute para  a vista senón que tamén o era para o oído con un continuo chiscar das follas secas ao camiñar sobre elas. En inverno as arbores de folla caduca están espidas de follas e cubertas de musgo e líquenes.




O camiño remata na ribeira do encoro do Eume; cando nós chegamos non había ninguén e respirabase un gran ambiente de tranquilidade entre tanta auga calma, pero normalmente podense ollar ademáis de numerosas aves numerosas persoas en canoas disfrutando da Fraga de outro xeito non menos apetecible. Este encoro está formado polo estancamento do río provocado pola presa da Ventureira como xa vimos na ruta do Camiño da Ventureira publicada noutra entrada co mesmo nome. Facer esta derivación representa pouco máis de un quilómetro pero ao noso entender é unha das partes máis fermosa da ruta.




Retrocedemos sobre os nosos pasos ata o cruce na ruta principal en este caso por lóxica de forma ascendente. Retomamos a senda principal e continuamos o trazado principal. Pouco a pouco o camiño picará cara arriba a vexetación volve a ter as mesmas caracteristicas que as iniciais. abondan os regatos de auga e atopamos algún que outro panel informativo sobre o biosistema das Fragas pero con pouco interese ao noso entender; a medida que imos ascendendo as vistas ao canón do Eume van alegrando a vista do camiñante e dende o alto podemos ver o encoro na sua práctica totalidade.




Aproximadamente cando levamos uns sete quilómetros de roteiro volvemos atopar outro cruce con unha frecha que indica Mirador da Carbueira, aquí faremos a nosa segunda e última derivación da ruta para achegarnos a este mirador en non máis de un quilómetro ida e volta. O ramal é en unha suave ascensión por un camiño con bastante musgo e árbores flanquenado a senda ata chegar a duas casas abandoadas, a partir de aquí os poucos metros que restan ata o mirador son por un sendeiro pouco marcado en unha braña bastante encharcada de auga. Chegamos ata o mirador da Carbueira, un espectacular balcón pendurado en un precipicio no que podemos ver o canón que forma o río na sua plenitude e contemplar a paisaxe coa serra do Xistral ao lonxe, derivación totalmente recomendable. Por último volvemos sobre os nosos pasos ata a ruta principal para rematala por un camiño similar ao que recorremos na maior parte da xornada, rematando en unha pequena estrada asfaltada que nos levará en un último quilómetro ata o coche.



Animadevos a recorrer esta pequena sinxela e pequena ruta, autentico balcón das Fragas do Eume que podedes recorrer en poucas horas e ideal para facer en esos cortos días de inverno. Totalmente bicicletable e apta para nenos, aínda que iso sí, xa vos coñecedes as capacidades de cada pequeno. 

Xa nos contaredes como vos foi e non dudedes en buscar o noso caché!!!



martes, 20 de novembro de 2012

Porto Ancares - Cuíña



Distancia
3,5 Km lineal – 7 km ida e volta
Dificultade
Moderada
Tempo
 2:00 horas -- 3:30 ida e volta
Tipo de Roteiro
lineal
M.I.D.E.
2.2.3.2.
BTT
Non  Apta
Descarga Roteiro
Track da Ruta
Geocaching
Coordenadas do tesouro
FOTOS



Esta é a nosa primeira ruta de montaña e a verdade é que foi algo accidentada. Despois de estar pintando a mona bastante tempo e abortar outra ruta que nos levaba ao Miravalles en pouco tempo improvisamos unha ruta que ía desde o aparcamento de Porto Ancares ata Cuíña. A ruta é lineal e non demasiado dificil para ser de montaña, pero dado que saímos tarde tivemos que dar volta sin chegar a facer cume. A última incidencia foi que a dous quilómetros do final apaguei o GPS, incidencia pouco importante porque dado que a pateada era lineal a liña coincide coa de ida.




O inicio da ruta empazámola no propio aparcadoiro de Porto Ancares, decidimos tirar cara Cuiña despois de abortar unha ruta a Miravalles ; a ruta marcada con un só cartel informativo no extremo do aparcamento, indica que se fai en unha hora, poida que Calleja sí, pero a xente de a pé precisa duas horas. Que exista un só cartel indicativo en toda a ruta non quere dicir que faga falta ningún máis, o camiño é un sendeiro estreito pero sin perda ningunha ata Cuiña.




Detras do panel sae unha pequena senda ascendente que vai poco a pouco subindo un pequeno promontorio entre pequenas pedras para en pouco tempo baixar a unha pequena campa na que se atopa o refuxio de montaña de Ancares, unha pequena caseta bastante destrozada e rodeada por unha morea de vacas que alegran o camiño co tolón tolón das suas chocas; cando nos fomos aproximando ao refuxio entre as vacas había un enorme mastín dando conta do rabaño que ladraba algo si nos aproximábamos ao gando, pero a verdade é que era un can tremendamente manso.




Deixamos atrás a campa do refuxio de montaña para ir de novo gañando altitude, dende a distancia podemos observar unha pedreira que baixa dende o cumio da montaña que temos enfronte e chama Pena Venera , debemos dirixirnos cara ela gañando altura e co coidado de non esvarar polo xeo, dicimos esto por que a finais de outubro cando nos fixemos esta ruta había placas de xeo durante todo o día e supoñemos que máis no inverno haberá bastante neve. A pedreira non foi dificultosa de pasar, rodeamos a montaña sin sobrepasar os 1700 metros de altitude e dende esa posición podemos ver o val de Suarbol e escoitar a brisa do vento co tintineo das chocas das vacas a distancia.





A partir de este punto poida que o trazado se faga un pouquiño máis esixente, seguimos avanzando entre os piornos e descendendo para dar o salto a unha montañiña algo máis complicada, as pendentes xa se fan máis complicadas ata chegar a cume, a verdade é que non teño a máis remota idea de como se chama este pico, parece ser que xa forma parte do cordal de Cuiña, arriba a altitude xa ronda os 1900 metros de altura e suabizase bastante o camiño; camiñamos pola crista da montaña con unhas vistas espectaculares tanto aos vales do río Cuíña, coma a aldea de Suarbol.





Pois sí, Cuiña xa era o seguinte pico, tan so teremos que facer unha suave baixada para iniciar o último ascenso, a verdade é que estes 150 metros que quedan de desnivel son moi esixentes, pero merecen a pena para estar no teito de Ancares, a un palmo dos 2000 metros de altitude, para nós foi un intento fallido por saír tarde, ante o medo de que nos collese a noite na montaña decidimos abortar a 1900 metros de altitude... unha pena, chegamos ata a altura da lagoa, pero o frio e que había casacadas xeadas obrigaronos a dar volta. Para chegar a cima abondaría con continuar cinco minutos máis e continuar polo mesmo camiño, pero...


En fin, xa nos contaredes si vos gustou a ruta, buscade o noso caché e que non vos desanime que o track estea partido, por que é o único sendeiro e volvese polo mesmo trazado, pero si queredes enviovos o trozo que falta...

Gustouvos Caracochas!!!!

venres, 2 de novembro de 2012

Sobrado dos Monxes - Serra do Bocelo


Distancia
16 km
Dificultade
FÁcil
Tempo
 4:30 horas
Tipo de Roteiro
circular
M.I.D.E.
1.2.2.3.
BTT
Apta
Descarga Roteiro
Geocaching
FOTOS





Cando falamos de Sobrado dos Monxes o primeiro que nos aparece pola cabeza é o seu mosteiro, e o segundo... no meu caso vou a ser sincero, nada máis. Pois con esa escusa puxemos de novo as botas e arrancamos para ver o que nos daba de sí esta comarca. O resultado foi moi  gratificante, e nesta ruta ademáis de coñecer o mosteiro de Santa María, subiremos a Serra do Bocelo, atoparemonos co dolmen do Forno dos Mouros, percorreremos fermosas corredoiras e coñeceremos a Lagoa de Sobrado.



O inicio de esta ruta como non podía ser de outra maneira facemolo diante do impoñente mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, abadía fundada no S.X polos condes de Présaras como mosteiro dúplice para logo ser refundado por Fernando Perez de Traba (fillo de Pedro Froilaz) no século
S.XII pasando a ser un mosteiro bieito. Pouco queda do primixénio estilo románico polo mal gusto da época moderna de convertelo todo en barroco; así podemos ver unha igrexa de tres naves desiguais que ao exterior correspondense coas duas torres separando duas columnas xeminadas  de orde xigante a porta, coroada pola virxe da Asunción. Destaca o xogo de luces tipicamente barroco.




Dado que cando iniciamos a ruta o mosteiro estaba pechado, e que cando a rematamos xa volvía a estar pechado non puidemos ver o interior da abadía bieita. Comenzamos o percorrido na mesma praciña que forma o mosteiro, saímos polo arco que pecha a praza entrando noutra presidida polo concello de Sobrado dos Monxes; saímos da vila calexeando costa arriba e tomamos unha pequena pista pegada aos muros da abadía ata chegar a un pequeno regato, que baixa da lagoa. En este punto o camiño colle firme de terra e volvese ascendente pero agradable entre carballos e castiñeiros.




Ao alto de este camiño tomamos un camiño a man esquerda, adentramonos na frondosidade de unha fraga que disminue a intensidade da luz, o camiño moi humido vai encaixonado entre arbores e pequenos balados de pedra totalmente forrados por musgo e cogumelos, o camiño é realmente bonito, e será a tónica do que será a maior parte da ruta, camiños enlamados con rodeiros marcados polo que aconsellamos que esta ruta non se faga nunha época húmida do ano. O camiño remata nunha pequena aldea, levamos preto de 3 km andados. Nesta aldea, concretamente na primeira casa hai varios pastores alemáns soltos, non son demasiado amigables e por iso o mellor que podedes facer á esperar a que os donos os chamen, ou eso é o que fixemos nós, esperamos a que saíran os donos da casa despois de que os cans se fartaron de ladrar.




Tras abandonar a aldea continuamos un anaco por unha pista asfaltada de aldea, cruzamos o río Tambre, en este tramo aínda é un pequeno regato debido a proximidade do seu nacemento. A paisaxe vaise facendo máis aberta e luminosa, agora temos vista a amplos prados de pasto con infinidade de vacas leiteiras; o camiño pouco a pouco vai gañando altura para ir subindo a chamada serra do Bocelo; encontramos un sinal que nos prohibe o paso, lóxicamente é un camiño de uso público e non lle facemos caso, o único é que antes de chegar a unha pequena aldea abandonada de catro casas e uns cantos cabanotes hai unha alambrada de espiños que corta o paso, algo totalmente ilegal, pero nós tras abrila volvemos a deixala como a atopamos. Seguimos subindo un pouco máis ata coroar a serra do Bocelo a máis de 700 metros de altura, disque é o punto máis alto da provincia.  




As fotos de unha cámara compacta non son a mellor forma de ver unha paisaxe nun blog, pero neste caso é o que hai, dende o alto do Bocelo a parte de vermos dous penedos graníticos moi chulos e xigantes, podemos ver unhas estupendas vistas da comarca de Sobrado, non sei todo o que se pode ver, pero son quilómetros e quilómetros. No alto comenzamos a baixar unha estradiña que fai de fronteira entre os concellos de Sobrado e Toques, atopamos un camiño a man dereita que en poucos metros levanos ao Forno dos Mouros; o nome xa é indicativo de que hai un dolmen próximo posto que no S.XVI en Galicia creíase que os mouros eran uns pequenos trasnos que vivían no monte e agochaban tesouriños de ouro nas mamoas; ao pouco de iniciar esta pequena e recomendable derivación xa vemos unha mamoa sen excavar, pero o forno dos Mouros é un fermoso dolmen de corredor en  perfecto estado e excavado pola USC no ano 1989; este dolmen presenta pinturas en zig zag que foron tapadas posteriormente para sua conservación, arqueólogos atoparon restos de cerámica campaniforme.



Desandamos o camiño feito para chegar de novo a ruta principal, en poucos metros o camiño parece ir desaparecendo entre maleza e silvas, será un tramo feo de uns 500 metros para volver de novo as corredoiras; pouco a pouco imos baixando en altura e o bosque e os prados volven a ser os nosos compañeiros, cogumelos e vacas con algunha ovella van a ser os nosos compañeiros de viaxe, poida que humidade de estas corredoiras sexa aínda superior a que fixemos no primeiro tramo, o tempo coando fixemos a pateada estaba seco e o chan dos camiños estaba tan enalamado que parecía unha mousse de chocolate, por iso volvo a recordar que a mellor época para facer esta ruta é cando estean os camiños secos, pouco a pouco diriximonos a Sobrado atravesando algunha que outra aldea e camiños inundados por pequenos regatos, pero fácilmente superables con unhas botas de sendeirismo.



Xa a pouco máis de un quilómetro de rematar a ruta chegamos a lagoa de Sobrado, embalse artificial que fixeron os monxes na época medieval para almacenar auga do río Tambre e dispoñer de líquido todo o ano, así comon para empregala de viveiro para o peixe que comían na abadía, troitas posiblemente. Actualmente e despois de mil anos alí apozada a auga forma unha fermosa lagoa na que aniñan patos e diferentes aves acuáticas así como unha gran cantidade de nenúfares frotando por toda a superficie. O concello rodeou a lagoa de un camiño de madeira e hai un poste ode vixiancia ornitolóxica.




Por último quedanos un cómodo quilómetro para chegar a Sobrado e rematar a ruta. Esperamos que vos gustara esta fermosa ruta que percorre o interior de Galicia e non dudedes en buscar o noso geocaché; xa nos diredes como vos foi...

xoves, 18 de outubro de 2012

Belesar; románico e viño.


Distancia
20 km
Dificultade
Moderada
Tempo
 5,5 horas
Tipo de Roteiro
circular
M.I.D.E.
1.2.2.3.
BTT
Apta
Descarga Roteiro
Geocaching
FOTOS





Esta vez non presantamos unha ruta máis, esta ruta que recorre o corazón da Ribeira Sacra lucense transitando por unha calzada romana, fragas e pumares ou viñedos colgados en socalcos sobre o río Miño, e todo sin olvidar as fantasticas igrexas románicas; unha explosión de sentimentos que nos transportan ao medievo.


Belesar é unha das aldeas máis fermosas polas que baixa o río Miño, enclavada no fondo de un espectacular canón e rodeada de viñedos e carballeiras. Iniciamos a nosa pateada na mesma aldea e ascendemos por unha pequena pista entre as casas para ir gañando altura; imos ascendendo e deixamos o asfalto e as viñas para entrar en unha fermosa e espesa fraga de carballos e castiñeiros con un camiño rosdeado de espeso musgo, a humidade é moi elevada e a luz volvese tenue pero o que chama a atención de este treito é a fisionomía co camiño, estamos pisando unha calzada romana, xa algo deteriorada pero aínda empedrada. Buceando na rede atopei que era unha vía secundaria que saía da vía XVIII ata chantada; o camiño zigzagueante que segue a calzada para ascender a fraga fai que reciba popularmente o nome dos Codos de Belesar.



Na zona máis elevada da carballeira a calzada romana desaparece ou está cuberta por terra, follas e ourizos, tamén a presenza maioritaria de carballos vai dando paso a retorcidas caracochas que neste tempo cubren o chan de castañas, follas e ourizos. O camiño remata en unha pequena aldea chamada A Portela; está formada por media ducia de casas e algunha cabra, tamén é verdade que aquí tivemos o gran susto da xornada; chegando ás casas da Portela apareceunos no medio do camiño un enorme e roñón mastín leonés que en un primeiro momento fíxonos dar un paso atrás e non movernos, o can achegouse a nós e lambeunos a man, pouco a pouco fomos avanzando deixando atrás o can pero sin deixar de pensar en él.


Deixamos atrás a Portela e tamén a aldea de Montecelo para ir achegandonos ata Diomondi, como podemos ver nesta fotografía o aspecto do terreo cambia totalmente, en poucos metros abandoamos a espesa fraga para entrar en unha zona de suaves prados con moitas vacas, regatos e pumares de maceiras que neste tempo aínda teñen algún froito nas suas polas. As fermosas corredoiras desaparecen e dan paso a unha estrada rural, estreita e pouco transitada que trillan os pes pero para nada estropean a paisaxe.


Cando chegamos a Diomondi recordamos por que a esta bisbarra se lle chama a Ribeira Sacra, entre as poucas casas da aldea encontramos a fermosa igrexa románica de San Paio de Diomondi, templo románico do S.XII  e Monumento Nacional dende 1931 no que destacan as arquivoltas con motivos xeométricos, os capiteis historiados soportados por columnas de marmol liso, a fachada esta coroada por unha austera espadaña. Esta igrexa pertencía a un antigo mosteiro medieval no que descansaban os seus bispos en periodo estival.

 Deixamos atrás Diomondi e xa vemos a man esquerda o pazo de Cortes, típica construcción da fidalguía galega do S.XVIII, lamentablemente é privado e non visitable como a maior parte do patrimonio galego. Continuamos pola estrada e chegamos a Galegos tomando unha pista ascendente entre as casiñas para acabar nun comodo camiño que entre corredoiras e en cómodo descenso deixaranos en San Estevo de Ribas de Miño, sempre entre caracochas e carballos formando un paseo de gran beleza.


Esta fotografía non fai xustiza do que é San Estevo de Ribas de Miño, pero sacar unha foto con unha cámara compacta en un lugar reducido pola vexetación é extremadamente complicado, ademáis calquera pode buscar unha foto mellor en internet,con esta imaxe podemos ver a influencia mateana no templo. San Estevo e sin dúbida a xoia do románico da Ribeira Sacra, Monumento Nacional dende 1931, destaca a marabilla do seu rosetón pero para mín o mellor é este timpano con catro arquivoltas e os seus músicos que nos recordan a obra de Mateo na catedral compostelana.  A espadaña situase  fora da estructura da nave en un muro exterior que serve coma punto de apoio a estructura do ábside.


Saímos de San Estevo de Ribas de Miño por unha pequena estrada asfaltada entre a fraga e que non nos abandonará en uns quilómetros, é certo que os tramos de alfalto perden bastente en unha ruta, pero neste caso a beleza da contorna fai que para nada pensemos no firme do chan; pronto cruzaremos a estrada xeral que comunica Chantada com Monforte e entramos na pequena aldea de Pesqueiras para ir calexeando por ela ata abandonala entre viñedos e socalcos como se pode ver na fotografía. Este cómodo paseo remata ao cruzar a presa de Belesar, verdadeiro espanto arquitectónico e natural. Dende a presa a pista de cemento convertese en unha forte pendiente asfaltada que se fai bastante dura, a uns 1500 metros da presa tomamos un desvío a man esquerda que nos volve a introducir no monte para chegar a igrexa de Santa María de Pesqueiras.


Santa María de Pesqueiras é unha fermosa igrexa románica onde paramos para xantar, está rodeada de un espeso souto de castiñeiros e formaba parte de un antigo convento bieito anterior ao S.X e habitado polas monxas ata o S.XVI na que San Paio de Antealtares o cede ao marquesado de Astorga; a simpleza exterior e a sua robusted románica fan de este templo un dos mellores monumentos da Ribeira Sacra, e parece ser, nos non o vimos por que estaba pechada, que o seu interior está decorado con ricas policromías medievais.


Deixamos atrás a igrexa de Pesqueiras por este fermoso camiño ascendente, pronto chegaremos ao lugar de outeiro no que volvemos a tomar a pista asfaltada recorrendo uns tres quilometros de aldeas e terras de labor, este tramo faise algo aburrido pero ao ser costa abaixo pronto se percorre.


Ao pouco de cruzar de novo a estrada xeral chegamos a Ponte sobre o río Asma, outro dos lugares lindos e fermosos que percorre esta ruta. Prácticamente o que nos queda ata o final é camiño asfaltado; a fisionomía da paisaxe cambia totalmente e agora da espesura da fraga pasamos a fermosos viñedos cultivados en socalcos, pequenas terrazas que a modo de grada ata o río remontan a ladeira para posibilitar o traballo na viña. O traballo para conseguir este preciado caldo mencía é durisimo debido a imposibilidade de mecanizar o traballo.


Os dous últimos quilómetros do roteiro fanse algo duros para os xeonllos, comenzamos a baixada do canón do Miño ata Belesar entre os viñedos, pouco a pouco entre curvas e practicamente todo o tempo por pistas rurais entre vides e adegas imos curva a curva baixando ata Belesar atravesando a un quilómetro do final da ruta un pequeno regato que se salva saltando entre ben colocadas laxes fronte a un bonito muiño.

  
Poida que as fotografías non fagan xustiza da fermosura da ruta, e moito menos esta pobre redacción pero animamosvos a que fagades un dos roteiros de sendeirismo máis fermosos de Galicia, que disfrutedes das suas fragas. do río Miño, das viñas e dos seus productos, que si preguntades a algún veciño, como foi o noso caso, seguro que vos venderán un excelente Ribeira Sacra da casa que supera a calquera caldo comercializado e a prezos moi baixos. Si a ruta a facedes en maio comentaronnos que vernden unhas cereixas moi gordas.


Esperamos que vos guste a ruta e xa nos contaredes....  E por certo, non olvidedes de buscar o noso geocache!!!




venres, 5 de outubro de 2012

Fragas do Eume - Camiño da Ventureira



Distancia
7,5 km
Dificultade
Baixa
Tempo
2, 5 horas
Tipo de Roteiro
circular
M.I.D.E.
1.1.3.2.
BTT
 Apta
Descarga Roteiro
Track da ruta
Geocaching
Mapa do tesouro
FOTOS
FOTOS



Iniciamos unha nova tempada de sendeirismo e os Carcochas queremos presentarvos unha das nosas rutas favoritas, o chamado Camiño da Ventureira que percorre a chamada Fraga Vella do Eume. Esta foi para nós o  bautismo de adultos no mundo do sendeirismo, e todo gracias as antigas Andarelas e aos seus estupendos guías que se acabaron convertendo para nós en uns verdadeiros amigos.

Volvemos varias veces con amigos a percorrer esta ruta e agora amosámosvola a vos para que disfrutedes unha tarde aventureira ou vos bauticedes no monte en unha paraxe espectacular.




Xa que chegou o outono e decidimos volver a poñer as botas, para iniciar a tempada, o Camiño da Ventureira era unha opción asequible para facer en unha tarde de sábado, sen presas e sin suar demasiado. Collemos o coche e diriximonos ata o mosteiro de Caaveiro sin recordar que os últimos quilómetros da estrada están cerrados ao tráfico en época estival. Cando chegamos ás Fragas esta foi a sorpresa, e esperamos o bus gratuíto que pon a Diputación ata a Ponte de Santa Cristina, a escasos metros do mosteiro de Caaveiro. A verdede é que o sistema de bus está francamente ben e é unha magoa que non se manteña en pontes e fins de semana de todo o ano, pero iso sí, recordade que hai que retirar os billetes de ida e volta no Centro de Interpretación.




Como se pode ver en esta fotografía o inicio da ruta facemolo na mesma ponte de Santa Cristina, o lugar onde remata a estrada asfaltada que sube a Caaveiro; nós non cruzamos a ponte e seguimos de frente por unha ancha pista de terra deixando sempre o río Eume a nosa man esquerda. O camiño ancho que vemos nesta foto pronto se vai convertendo en un estreito sendeiro espectacular. A verdade é que o camiño non ten perda algunha e avanzamos entre troncos e pedriñas en un continuo rompepernas.




Este tramo do noso roteiro coincide co recorrido do GR Camiño do Medievo que vai dende Betanzos ata Ortegal, poucas son as marcas vermellas e brancas que nos imos atopar, pero hai algunha como se pode ver nesta foto; tamén podemos ver algunha pintadiña de cor azul, posiblemente do Clube de Montaña de Ferrol. A fermosura de este tramo, para min os mellores da ruta debense ao natureza abraiante que rodea o sendeiro, con castiñeiros, carballos, moitas abeleiras, salgueiros e o que máis impresiona, polo menos para min son eses enormes fieitos e o manto de musgo que o cubre todo... este ano un pouquiño menos debido ao recente lume. E tal a espesura que por veces non nos damos de conta de que hai un río ao noso carón, e fascina a tenue intensidade da luz.




Este sendeiro tan só ten como sobresalto unha pequena baixada de uns 50 metros entre as árbores, nada que non se poida facer con cuidado; pronto chegamos a central hidroeléctrica do Parrote, unha estructura de forrada de pequenas pedriñas que tampouco rompe demasiado co entorno, pode ser un lugar válido para facer unha paradiña, picar algo e beber un grolo de auga. Continuamos o noso camiño pola pista asfaltada, como podemos ver o desnivel ascendente é brutal, pero en uns 100 metros xa a abandonamos, tomando as escaleiriñas que nos introducen de novo na fraga a man esquerda tras pasar a curva de ferradura. Este novo tramo volve a ser similar ao que xa fixemos e remata na central hidroeléctrica do Eume, esta sí unha mole espantosa dos anos 60 que debemos atravesar ata antiga central da Ventureira, xa abandonada por esta última. Algunha vez nos temos feito a parada do xantar nas escaleiras de esta vella central




Cruzamos o Eume e entramos no concello da Capela; a partir de aquí percorreremos a ribeira norte do río. Iniciamos un tramo asfaltado de 1´5 km ata chegar a unha entrada de novo ao monte a man esquerda, podemos ver unha indicación. Este tramo da ruta xa non é de Fraga vella, percorremos camiños de terra interrumpidos por un par de regatos, e aínda que non tan bonito como a ribeira sur do Eume non deixa de ter o seu encanto; a vexetación xa se fai menos densa, continuán as mesmas árbores pero iso sí xa están presentes os tipicos eucaliptos e piñeiros. Esta zona da ruta estivo máis afectada polo incendio e a ausencia de vexetación é máis evidente, aínda que iso sí permitenos gozar do Eume e do seu canón desde a altura.



Como por arte de máxia o cómodo camiño morre en un novo sendeiro proximo ao mosteiro de Caaveiro, sinal de que xa estamos chegando ao cenobio e que nos volvemos a introducir na imenmensidade da fraga. Chama a atención de este mosteiro para quen non o coñece o seu tamaño, reducido, por que o que temos que ter en conta é que nel nunca viviron máis de nove monxes que buscaban o refuxio eremítico na espesura da fraga. Fermoso e moi deteriorado este mosteiro medieval foi a última morada de San Rosendo Eiriz alá no S.XI, e pese a algún intento posterior foi abandoado tras a desamortización de Mendizabal en 1835. Como é lóxico é visitable pero teremos que consultar os horarios.




O certo é que a ruta xa remataría baixando ata a ponte de Sta Cristina, nos decidimos facer unha pequena derivación ata o muiño xa derruído do río Sesin e a sua ponte, de un só arco pero realmente bonita; non son máis que uns metros dende o mosteiro por un camiño empedrado pero vale a pena. Tan só nos queda volver sobre os nosos pasos ata o mosteiro e baixar ata a Ponte de Santa Cristina onde iniciamos a ruta.




Esperamos que vos guste a ruta, buscade o noso geocache e xa nos contaredes como vos foi!!!!




sábado, 5 de maio de 2012

O Salitre do Roncudo


Distancia
15 km
Dificultade
Media - Alta
Tempo
 4:30 horas
Tipo de Roteiro
circular
M.I.D.E.
3.3.3.3.
BTT
Apta
Descarga Roteiro
Track da ruta
Geocaching
Mapa do tesouro
FOTOS
FOTOS



Aburrido un sábado pola tarde e aproveitando de que son de Corme decidín coller a mochila e o bastón e aventurarme por unha ruta practicamente olvidada que recorre un tramo de costa virxe que nos permite disfrutar do mar e do seu entorno en estado puro. É unha ruta dura que desaconsello facela en solitario debido ao peligro que conleva un resbalón pola zona de costa.



A ruta inicieina na cormelana praza da Ribeira en dirección ao cabo Roncudo, é un paseo agradable por unha pequena estrada asfaltada que nos leva ata o faro, o paseo de uns tres quilómetros pero relaxados onde contemplamos toda a ría e pasaremos a carón de varias calas e puntales. A uns 500 metros do cabo Roncudo encontramos un pequeno merendeiro e pouco máis abaixo as famosas cruces. O Roncudo sempre foi a fronteira norte da Costa da Morte e nas suas rochas medran os que din que son os mellores percebes do mundo, privilexiados son os que se apañan na coñecida Pedra do Roncudo, afloración rochosa que emerxe das augas a uns 400 metros do cabo e que poderemos ver facilmente entre as olas rompendo.



Aproveitamos os bancos do merendeiro que mencionei antes para colocar unhas polainas, dende o meu parecer indispensable para non espiñarse cos toxos que hai por todo o camiño, collemos unha senda que arranca a poucos metros pasando o merendeiro a man dereita en dirección ao faro; iniciamos aquí unha senda en principio ascendente para ir recorrendo a costa en un tramo de uns tres quilómetros, este é a parte máis fermosa da ruta pero tamén moi dificil, por iso si non queremos complicarnos é mellor que descarguemos de wikiloc outra ruta que nos leve dende o faro Roncudo á aldea de Roncudo sen pasar pola costa; eu decidin arriscarme case por bemoles e recorrer o tramo de costa máis espectacular que coñecin. A senda recorre a costa entre toxos, discorrendo en unha pendiente de desnivel lateral moi pronunciada, e por eso a sua peligrosidade, pasaremos entre penedos, algun regato de auga e sobre espectaculares furnas. Según imos avanzando o camiño por veces desaparece debido a falta de transito, deberemos cruzar campo a través buscando os restos de sendas que se abren, pisando entre toxeiras e sobretodo por este manto de herba dura que medra nas zonas costeiras. De gran beleza en este tramo e poder ver dende un mesmo punto o faro Roncudo as nosas costas e de fronte tanto o faro de Nariga como a maior das illas Sisargas.


Abandonamos a costa por un camiño ascendente con unha pendiente moi acusada que fai perder o alento, pero que se sube rápidamente; esta senda xa está máis aberta por que é transitada polas percebeiras, sempre oín que aproveitando un regato que baixaba ata a costa había uns muíños de auga empregados pola xente de Roncudo pero non cheguei a localizalos, ¡Haber si os vedes vos!, o que sí se ve claramente son os valados de pedra que cercaban os antigos campos de labor. Ao final da ascensión chegamos a outro basureiro sellado do que non quedan sinais.


Ao chegar a este punto podemos sentarnos en algunha das rochas que bordean o camiño para sacar as polainas; a complicación da ruta xa rematou por completo e o único que poden facer esos plásticos é darnos calor nas pernas, andamos o camiño xa ancho en dirección a aldea de Roncudo, pronto se nos acabará o firme de terra e enlazamos con unha pequena pista asfaltada. Entre os patéticos muiños de vento do parque eolico avanzamos uns centos de metros ata chegar as casas de Roncudo, aldea pintoresca na que tan só quedan a día de hoxe un par de familias, pero simpática e chusquiña aldea.


Deixando atrás Roncudo pola mesma estradiña asfaltada encontramos un cruce no que o ramal esquerdo vai cara Corme, é unha opción para rematar a ruta que nos devolve ao coche en dous quilómetros de baixada; nós en cambio seguimos pola estrada ata atopar unha pista ancha a un quilómetro máis ou menos, o camiño faise levadeiro, creo recordar que é a segunda pista á dereita a que collemos, por que a primeira é a que se adentra xunto a unha subestación eléctrica e que nos levaría á Percebellosa. Esta pista é a que da acceso ao parque eólico, non é que teña moito encanto por que é de esas de terra prensada e anchas para dar servizo aos camións das torres. Recorreremos este tramo en unha horiña ata chegar a Barda, unha fermosa praia que veremos dende o alto encaixada entre os barrancos que forma o monte e que sirve de fondeadeiro para numerosas chalaniñas.



Deixamos a pista e cruzamos a estrada para baixar polo medio das casas da aldea de Guxín, deixando as casas atrás diriximonos por unha pistiña asfaltada ata Gondomil a que veremos a un quilómetro, baixo as suas casas encontramos a Pedra da Serpe. No lugar de Gondomil achase un curioso cruceiro chamado a Pedra da Serpe, porque na base que sustenta a cruz está esculpida unha serpe alada; os defensores da cultura celta recoñéceno como un dos símbolos máis importantes de esta cultura e santuario para orar a este animal alado e sagrado para eles, a cruz sería posterior e colocada para cristianizar as tradicións locais. A tradición cristiá argumenta que esta zona estaba infestada de serpes e o evanxelizador San Adrian con un golpe de zapatilla abreu o terreo en donde encerrou ás serpes tapando o burato con esta pedra. Sexa como fose é o principal monumento da zona e con unha datación probada non inferior á da época da construcción da igrexa de San Adrián de Corme Aldea.




Deixando atrás a Pedra da Serpe continuamos o camiño ata a praia da Hermida na que veremos a illa da Estrella á que se pode acceder a pé con marea baixa e na que supostamente foi atopada unha virxe gardada e venerada o luns de pascua na igrexa de San Adrián.







Non nos quedará máis de un quilómetro para rematar a ruta pasando pola praia do Osmo e recorrendo o paseo marítimo para chegar de novo ao punto de partida.



Pois ata aquí a nosa ruta polo Roncudo, ruta moi bonita, con tramos de costa virxe pero non a fagades solipandis como foi o meu caso, xa que o tramo entre o faro e a aldea do Roncudo é complicado, sin cobertura de mobil e con bastante bichería da que pica.

O geocaché de esta ruta non está como outras veces sobre o camiño, apartamonos uns metros pero creo que vos vai a gustar...

Xa me contaredes...