As Caracochas somos coma moitos uns apasionados do sendeirismo en Galicia que nos reunimos exporádicamente para patear os montes da nosa terra. Creamos este blogue coa finalidade de que vos animedes a recorrer pola vosa conta as nosas aventuras, e por elo tentaremos detallar da forma máis sinxela cada un dos roteiros que recorramos.
A nosa intención e mostrar cada unha das rutas que fagamos, redactaremolas, mostraremos fotografías, tentaremos subir os tracks de XPS, tesouros para geocaching e todos os comentarios que sexan oportunos, aínda que iso sí queremos que sexa un blogue participativo na que se colabore con suxerencias ou cuestións de calquera tipo.
Por iso, e con moita ilusión damos inicio a esta pateada na rede aclarando por adiantado que todas as rutas que mostremos non serán máis que o reflexo das rutas que facemos a partir de libros, xps ou na comapaña de clubes. Dende Os Caracochas queremos animarvos a que tamén vos coñezades os nosos camiños, pero facedeo de forma segura coa axuda dos sinais (cando exístan) de mapas topográficos e de un xps.