martes, 20 de marzo de 2012

PR-G 130 Meirama - Xalo - Meirama


Distancia
12 km
Dificultade
Baixa
Tempo
 3 horas
Tipo de Roteiro
circular
M.I.D.E.
1.2.2.2.
BTT
Apta
Descarga Roteiro
Track da ruta
FOTOS
Fotos



Iniciamos este blog con unha ruta pequena e sinxela próxima a cidade da Coruña, presentamos este roteiro homologado pola FGM como PRG- 130; recorrido circular, práctimamente sin asfalto e de dificultade baixa, pero sin máis encanto que disfrutar de unha boa tarde de monte.

O PR-G 130 non chega ata os repetidores do Monte Xalo, por eso e dada a proximidade de un lugar de tan boas vistas decidimos facer unha pequena derivación de ida e volta que nos apróxime ata as antenas. Achegamos entón o mapa do roteiro e o enlace para GPS que temos colgado en Wikiloc.





Damos inicio a este PR-G 130 diante da pequena igrexa parroquial de San Andrés de Meirama, pequeno templo de pedra de trazas románicas pero sen máis interese que ser un lugar vistoso para iniciar a nosa camiñata; tras observar un chisco a igrexa de San Andrés  botamos a andar hacía o verdadeiro inicio da ruta, uns 180 metros máis arriba tras tomar o primeiro cruce á dereita. Neste lugar de inicio atopamos ademáis de un excelente lugar para estacionar os coches e un panel que indica o roteiro sinalizado pola FGM.



Tras repasar o cartel da ruta iniciamos un camiño ascendente e sin asfalto que nos levará entre árbores e campos cultivados ata un pequeno lugar tras recorrer uns 700 metros de ruta, ao cal entraremos tomando o cruce fronte a unha nave agrícola a man esquerda; entre as casas de este lugar de Castelo voltaremos ao asfalto, e tomando os próximos dous cruces a man esquerda chegaremos a un lavadeiro popular; observaremos que a esta altura encontramos unhas sinais en forma de aspa que indican que o camiño é erroneo, neste caso non lle faremos o máis mínimo caso e continuamos ata levar recorridos uns 900 m de ruta no que nos cruzaremos con unha estrada para entrar en un novo grupo de casas. En este novo lugar veremos que a pista no medio do lugar e fronte a última casa o camiño dará un xiro de 180º para retomar de novo o camiño terreiro. O seguinte cruce próximo a estas últimas casas e tras recorrer aproximadamente uns 1100 m da ruta tomarémolo hacia a esquerda para empezar o ascenso ao monte Xalo, volverá a estar sinalizado e como referencia teremos que este cuce está cuberto por mimosas (en este tempo en flor), e que si non tomasemos ben o camiño daremos á anterior estrada.


Tomando o cruce correctamente e tal como o mostro en esta fotografía iniciamos un ascenso continuo pero non moi pronunciado ata o Monte Xalo, no momento en que fixemos esta ruta existián suficientes sinais como para que perdernos fose algo imposible, aínda así como referencia teremos que debemos de continuar polo camiño principal ascendente ata chegar a unha especie de cortalumes transversal a uns 2700 m de ruta, mentres subimos podemos ver xa algunha vista aérea da zona de Cerceda.

Chegamos a unha especie de cortalumes facilmente recoñecible por que de fronte ao camiño que abandonamos podemos ver xa dende o alto ao lonxe a comarca da Coruña e o mar ; este cortalumes marca a fronteira entre os concellos de Cerceda e de Culleredo como así o sinala algún fito ao borde do camiño. Tomamos o cruce á dereita e recorremos o camiño ascendente e de forma non moi pronunciada.

Chegaremos despois de recorrer uns 4000 metros de ruta a unha espedie de crecado curioso de pedras ao borde do camiño, cabe indicar que a metade do camiño ou cortalumes descubrimos un paralelo e máis bonito tras a muralla de terra do cortalumes en dirección norte, a uns 25 metros do cortalumes, pasando uns metros o cercado de pedras o PR-G 130 descende a man dereita en un camiño non moi claro hacia Meirama, seguramente estivo ben marcado no seu día pero a posterior construcción do cortalumes eliminou moitas sinais (tede coidado de non pasarse), nos en este caso sí que nos pasamos de forma intencionada, de fronte víanse as antenas do Monte Xalo e as suas potentes vístas e non entendíamos por que a ruta non chegaba ata alí, por elo fixemos unha pequena derivación de ida e volta como relataremos para chegar aos repetidores.

Como dixen pasado o cercado a uns metros iniciariase o camiño de baixada da PR-G 130, nós continuamos buscando o camiño que nos leva hacia as antenas do Monte Xalo, a orientación e clara e non ten duda encontrar este camiño; si imos ben en outros 1000 m, ou  no quilómetro 6 aproximadamente atopamos un paso canadiense que salva un pequeno canal de auga seco, tras pasalo viramos á dereita e tras uns metros chegamos ao acceso ao Xalo, no que atopamos un pequeno merendeiro.



Continuamos camiño arriba dende o merendeiro e atopamos os primeiros riscos do Monte Xalo, dende alí xa podemos ver unhas fermosas vistas de todo o Golfo Ártabro, en estes riscos hai bastantes escaladores posto que esta zona ten bastante sona entre os escaladores da bisbarra coruñesa; é lóxico que continuemos uns metros ata as antenas, por que alí están as mellores vistas é o máis atractivo de esta nova ruta. Debemos de ter cuidado en esta zona por que se cruza con outro PR- G sinalizado e a mistura de sinais pode dar lugar a confusión.





Tras estar no Xalo retornaremos sobre os nosos pasos ata o cruce que deixaramos na PR-G 130 para ir aos repetidores; agora o punto quilométrico que antes era o 4 pasará a ser o 7 da nosa ruta; tras buscar a baixada que queda algo oculta polo cortalumes iniciamos un descenso ata Meirama xe de forma continua e ben sinalizada; un descenso de uns 800 metros ata chegar a unha urbanización; non entraremos nela, senón  que a bordearemos xirando no cruce á dereita e introducindonos no camiño por unha especie de portal grande.



Tomamos o anterior camiño indicado á dereita como se ve na foto tras pasar o portal e andaremos por unha pista en pouca pendente ata abandonar a Urbanización  Castelo e tras cruzar duas balsas de auga a beira do camiño, unha dentro de unha finca acotada. Pronto o camiño se volverá costa abaixo en pronunciada pendente ata chegar unha estrada que atravesaremos tras levar uns 9400 metros de roteiro, baixaremos a estrada uns metros e xa nos encontramos na beira de enfronte un camiño que deberemos de coller, está ben sinalizado pero continuamos cara abaixo en un acusado desnivel; tan pronto nos adentremos no camiño o primerio cruce e case a carón da estrada será a man dereita. Tras recorrer este camiño rompepernas chegamos de novo a aldea de Castelo e xunto a un antigo e derruido muiño recorremos a estrada na que morre o camiño en sentido ascendente, a esta altura levaremos uns 10 quilómetros de ruta. Seguindo a estrada e na mesma aldea de Castelo pronto atoparemos un dos cruces que xa pasáramos no primeiro quilómetro da ruta. Dende alí tan só queda desandar o andado ata o coche e rematar a ruta.



Mediante estas liñas pretendemos que vos fagades unha idea de esta ruta e recordar as nosas vivencias, como podedes ver está colgado o enlace para que a fagades coa axuda de un GPS, e pregamosvos que non vos fiedes para nada de estas orientacións por que están feitas a posteriori, de memoria e debuzandoa a través do Google Earth, e por iso as referencias quilométricas non son precisas e algo desfasadas canto máis abancen os quilómetros. Non é a ruta soñada por ningún sendeirista pero está ben para pasar unha tarde dada a proximidade a Coruña. Iso sí empregade o enlace GPS que é o único preciso, xa que o aparato grabou a ruta mentres a faciamos e non ten posibilidade de erro.

Xa nos contaredes que tal vos foi!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario