martes, 13 de marzo de 2012

Sinais de Senderismo












A intención dos Caracochas non é colgar roteiros para facer mediante a sinalización convencional, senón que presentamos as nosas pateadas para que as descarguedes e as sigades coa axuda de un GPS; aínda así é fundamental que no momento de saír ao monte coñezamos perfectamente a sinalización, xa que nos poden sacar de un apuro.

As sinais que presentamos son as empregadas nas rutas homologadas pola Federación de Montaña; como podemos ver as sinais de Gran Recorrido (GR) pintanse de branco e vermello; por GR entendemos que son aquelas que superan os 50 km de lonxitude; en amarelo e branco pintanse ás sinais para rutas de Pequeno Recorrido (PR), rutas de menos de 50 km e que son as máis empregadas pola maioría dos sendeiristas convencionais.

Esta sinalización, sempre e cando o estado de mantemento da ruta sexa bo, sería de abondo para realizar unha ruta sen máis, tan só con fixarnos nelas. Podemos atopálas en muros, rochas, árbores, estacas ou en calquera elemento do camiño, preferiblemente de pouco impacto. As marcas para PR e GR son idénticas, só cambia a cor. As paralelas indican continuidade, e dicir que imos polo bo camiño e debemos de continuar na dirección indicada; cando atopamos unhas aspas significa que é mal camiño, atopanse xeralmente na entrada dos camiños, os cales non deberemos de tomar e buscaremos as paralelas. A terceira sinal indicada significa curva, ubicada próxima aos cruces e a orientación da parte superior marcan o sentido do xiro.

O problema das rutas sinalizadas é que poida que teñan mala conservación e falten marcas, por iso non deberíamos de fiarnos ao cento por cento, tamén pode levar a engano o solapamento de varias rutas no mesmo tramo xa que non saberemos a que sinal facer caso; evitando isto moitas sinais levan inscrito o número da ruta baixo as marcas; dende a miña forma de ver así e como deberían de estar sinalizadas todas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario