Distancia
|
20 km
|
Dificultade
|
Baixa
|
Tempo
|
5 horas
|
Tipo de Roteiro
|
circular
|
M.I.D.E.
|
1.2.2.3.
|
BTT
|
Apta
|
Descarga Roteiro
|
Track da ruta |
Geocaching
|
Mapa do tesouro |
FOTOS
|
FOTOS |
En esta
ocasión imos a presentar unha sinxela pero moi bonita ruta que misturará
ingredientes tan fermosos como increíbles vistas a Ría de Corme ou a
desembocadura e esteiro do río Anllóns; costa, dunas, praias e montes.
Tomamos
como referencia para o inicio da ruta o xardín de Corme, e facilmente
localizable, probablemente o lugar máis idóneo para iniciar a ruta; avanzamos
os primeiros metros polo paseo maritimo en onde encontramos un panel da ruta e
as primeiras marcas de sendeirismo. Esta ruta está sinalizada pola FGM como
PR-G 148 e podemos seguir as marcas sen medo a perdernos, pero nos imos a
variala un pouco para facela circular e creo que algo máis agradable.
Abandonamos o paseo maritimo para seguir a estrada cara a veciña Corme Aldea
encontrando a cusquiña e antiquisima capela de San Xosé.
Deixando
Corme Aldea e pasando xunto a igrexa de San Adrián camiñamos en dirección o
pequeno lugar de Froxán, un grupiño de casas escondidas polo monte e terra de
músicos como o sinala un monolito a carón do lavadoiro, este río de lavar é
bastante máis lindo que o monolito que o preside, non só polo arregladiño que
ten o seu entorno, senón pola sua construcción circular aproveitando a auga de
un pequeno regato que baixa do monte e que abandona o lavadoiro para continuar
o seu curso hacía o mar.
Deixando
Froxán adentrámonos no monte entre eucaliptos en suave pero continua ascensión,
dise que esta costa ascendente e de cor verde foi a que inspirou a Pondal para
escribir o poema Os Pinos do que provén o noso himno. Segundo imos ascendendo a
arboleda desaparece dando paso ao monte baixo, que por influencia da costa será
basicamente de toxos e xestas no que afloran continuos penedos graniticos e
aparecen os primeiros miradores dende o alto a ría de Corme.
Este
camiño que tomamos en Froxán acaba morrendo na estrada que baixa a Balares, nós
ascenderémola uns metros ata a rotonda que serve de cruce para os repetidores,
a ruta baixa por un camiño estreito xunto a cuneta da rotonda pero creemos que
non podemos marchar de este punto sin subir ás antenas do Monte Branco do que
tanto falou Pondal dende este punto veremos dende o alto a ría, a desembocadura
do Anllóns e a totalidade do seu esteiro.
Tomamos
a senda descendente que nace na cuneta da rotonda, xunto ao quitamedos da
estrada e baixamos de forma continua ata o lugar de Currás, un dos puntos máis
baixos de este roteiro, estamos xa no esteiro do río Anllóns, de gran riqueza
ornitolóxica, e no que podemos ver no seu espacio intermareal garzas,
garavitas, mazaricos e demáis paxariños. Con calor este tramo pode facerse
longo debido a que andaremos por area e dunas.
A area
vai dar paso ao camiño entre rochas pero non máis feo que o outro tipico
sendeiro costeiro no que vemos a desembocadura do Anllóns coa Barra que non é
máis que unha frecha de area que divide o río do mar, e como non xa entre o
salitre e o batido mar está a illa da Tiñosa.
Este
camiño acabaráse na fermosa praia de Balarés, praia dividida en dous por un
pequeno puntal de rocha e rodeada por un fermoso piñeiral alpicado de mesas de
pedra e ideal para xantar entre piñeiros e figueiras; en un dos lados da praia
hai un pequeno porto que se empregaba para exportar o mineral de titanio que se
extraía da mina que agora é un restaurante.
Deixamos
atrás Balares en dirección a Gondomil facendo a última ascensión, corta pero
pronunciada, ao rematar a subida volveremos a encontrarnos con excelentes
miradores naturais, en este caso da vila de Corme. O camiño desde este punto
será de baixada ata Gondomil.
No lugar
de Gondomil achase un curioso cruceiro chamado a Pedra da Serpe, porque na base
que sustenta a cruz está esculpida unha serpe alada; os defensores da cultura
celta recoñéceno como un dos símbolos máis importantes de esta cultura e
santuario para orar a este animal alado e sagrado para eles, a cruz sería
posterior e colocada para cristianizar as tradicións locais. A tradición
cristiá argumenta que esta zona estaba infestada de serpes e o evanxelizador
San Adrian con un golpe de zapatilla abreu o terreo en donde encerrou ás serpes
tapando o burato con esta pedra. Sexa como fose é o principal monumento da zona
e con unha datación probada non inferior á da época da construcción da igrexa
de San Adrián de Corme Aldea.
Deixando
atrás a Pedra da Serpe continuamos o camiño ata a praia da Hermida na que
veremos a illa da Estrella á que se pode acceder a pé con marea baixa e na que
supostamente foi atopada unha virxe gardada e venerada o luns de pascua na
igrexa de San Adrián
Non nos
quedará máis de un quilómetro para rematar a ruta pasando pola praia do Osmo e
recorrendo o paseo marítimo para chegar de novo ao punto de partida.
Non
debemos de abandonar Corme sin visitar o cabo Roncudo, lugar onde sempre
empezou a Costa da Morte e famoso por producir os mellores percebes do mundo,
sobretodo os da chamada Pedra, un baixo que se verá bater a uns 400 metros da
costa; eso sí despois de facer a ruta a visita ao cabo roncudo podemos facela
en coche.
Espero
que vos gustase esta ruta, recordade que hai pouca sombra e en tempo de calor
precisase bastante auga. Espero que o pasedes ben, buscade o noso tesouro e non
dubidedes en escribir as vosas vivencias da ruta.