Distancia
|
15 km
|
Dificultade
|
Media - Alta
|
Tempo
|
4:30 horas
|
Tipo de Roteiro
|
circular
|
M.I.D.E.
|
3.3.3.3.
|
BTT
|
Apta
|
Descarga Roteiro
|
Track da ruta |
Geocaching
|
Mapa do tesouro |
FOTOS
|
FOTOS |
Aburrido un sábado pola tarde e
aproveitando de que son de Corme decidín coller a mochila e o bastón e
aventurarme por unha ruta practicamente olvidada que recorre un tramo de costa
virxe que nos permite disfrutar do mar e do seu entorno en estado puro. É unha
ruta dura que desaconsello facela en solitario debido ao peligro que conleva un
resbalón pola zona de costa.
![]() |
A ruta inicieina na cormelana praza da
Ribeira en dirección ao cabo Roncudo, é un paseo agradable por unha pequena
estrada asfaltada que nos leva ata o faro, o paseo de uns tres quilómetros pero
relaxados onde contemplamos toda a ría e pasaremos a carón de varias calas e
puntales. A uns 500 metros do cabo Roncudo encontramos un pequeno merendeiro e
pouco máis abaixo as famosas cruces. O Roncudo sempre foi a fronteira norte da
Costa da Morte e nas suas rochas medran os que din que son os mellores percebes
do mundo, privilexiados son os que se apañan na coñecida Pedra do Roncudo,
afloración rochosa que emerxe das augas a uns 400 metros do cabo e que
poderemos ver facilmente entre as olas rompendo.
Aproveitamos os bancos do merendeiro que
mencionei antes para colocar unhas polainas, dende o meu parecer indispensable
para non espiñarse cos toxos que hai por todo o camiño, collemos unha senda que
arranca a poucos metros pasando o merendeiro a man dereita en dirección ao
faro; iniciamos aquí unha senda en principio ascendente para ir recorrendo a
costa en un tramo de uns tres quilómetros, este é a parte máis fermosa da ruta
pero tamén moi dificil, por iso si non queremos complicarnos é mellor que
descarguemos de wikiloc outra ruta que nos leve dende o faro Roncudo á aldea de
Roncudo sen pasar pola costa; eu decidin arriscarme case por bemoles e recorrer
o tramo de costa máis espectacular que coñecin. A senda recorre a costa entre
toxos, discorrendo en unha pendiente de desnivel lateral moi pronunciada, e por
eso a sua peligrosidade, pasaremos entre penedos, algun regato de auga e sobre
espectaculares furnas. Según imos avanzando o camiño por veces desaparece
debido a falta de transito, deberemos cruzar campo a través buscando os restos
de sendas que se abren, pisando entre toxeiras e sobretodo por este manto de
herba dura que medra nas zonas costeiras. De gran beleza en este tramo e poder
ver dende un mesmo punto o faro Roncudo as nosas costas e de fronte tanto o
faro de Nariga como a maior das illas Sisargas.
Abandonamos a costa por un camiño
ascendente con unha pendiente moi acusada que fai perder o alento, pero que se
sube rápidamente; esta senda xa está máis aberta por que é transitada polas
percebeiras, sempre oín que aproveitando un regato que baixaba ata a costa
había uns muíños de auga empregados pola xente de Roncudo pero non cheguei a localizalos,
¡Haber si os vedes vos!, o que sí se ve claramente son os valados de pedra que
cercaban os antigos campos de labor. Ao final da ascensión chegamos a outro
basureiro sellado do que non quedan sinais.
Ao chegar a este punto podemos sentarnos
en algunha das rochas que bordean o camiño para sacar as polainas; a
complicación da ruta xa rematou por completo e o único que poden facer esos
plásticos é darnos calor nas pernas, andamos o camiño xa ancho en dirección a
aldea de Roncudo, pronto se nos acabará o firme de terra e enlazamos con unha
pequena pista asfaltada. Entre os patéticos muiños de vento do parque eolico
avanzamos uns centos de metros ata chegar as casas de Roncudo, aldea pintoresca
na que tan só quedan a día de hoxe un par de familias, pero simpática e
chusquiña aldea.
Deixando atrás Roncudo pola mesma
estradiña asfaltada encontramos un cruce no que o ramal esquerdo vai cara
Corme, é unha opción para rematar a ruta que nos devolve ao coche en dous
quilómetros de baixada; nós en cambio seguimos pola estrada ata atopar unha
pista ancha a un quilómetro máis ou menos, o camiño faise levadeiro, creo
recordar que é a segunda pista á dereita a que collemos, por que a primeira é a
que se adentra xunto a unha subestación eléctrica e que nos levaría á
Percebellosa. Esta pista é a que da acceso ao parque eólico, non é que teña
moito encanto por que é de esas de terra prensada e anchas para dar servizo aos
camións das torres. Recorreremos este tramo en unha horiña ata chegar a Barda,
unha fermosa praia que veremos dende o alto encaixada entre os barrancos que
forma o monte e que sirve de fondeadeiro para numerosas chalaniñas.
Deixamos a pista e cruzamos a estrada
para baixar polo medio das casas da aldea de Guxín, deixando as casas atrás
diriximonos por unha pistiña asfaltada ata Gondomil a que veremos a un
quilómetro, baixo as suas casas encontramos a Pedra da Serpe. No lugar
de Gondomil achase un curioso cruceiro chamado a Pedra da Serpe, porque na base
que sustenta a cruz está esculpida unha serpe alada; os defensores da cultura
celta recoñéceno como un dos símbolos máis importantes de esta cultura e
santuario para orar a este animal alado e sagrado para eles, a cruz sería
posterior e colocada para cristianizar as tradicións locais. A tradición
cristiá argumenta que esta zona estaba infestada de serpes e o evanxelizador
San Adrian con un golpe de zapatilla abreu o terreo en donde encerrou ás serpes
tapando o burato con esta pedra. Sexa como fose é o principal monumento da zona
e con unha datación probada non inferior á da época da construcción da igrexa
de San Adrián de Corme Aldea.
Deixando
atrás a Pedra da Serpe continuamos o camiño ata a praia da Hermida na que
veremos a illa da Estrella á que se pode acceder a pé con marea baixa e na que
supostamente foi atopada unha virxe gardada e venerada o luns de pascua na
igrexa de San Adrián.
Non nos
quedará máis de un quilómetro para rematar a ruta pasando pola praia do Osmo e
recorrendo o paseo marítimo para chegar de novo ao punto de partida.
Pois ata aquí a nosa ruta polo Roncudo, ruta moi bonita, con tramos de costa virxe pero non a fagades solipandis como foi o meu caso, xa que o tramo entre o faro e a aldea do Roncudo é complicado, sin cobertura de mobil e con bastante bichería da que pica.
O geocaché de esta ruta non está como outras veces sobre o camiño, apartamonos uns metros pero creo que vos vai a gustar...
Xa me contaredes...
Ningún comentario:
Publicar un comentario