Distancia
|
16 km
|
Dificultade
|
Alta
|
Tempo
|
5:30 horas
|
Tipo de Roteiro
|
circular
|
M.I.D.E.
|
2.2.3.3.
|
BTT
|
Non Apta
|
Descarga Roteiro
|
Track da ruta |
Geocaching
|
N 42° 53.350 W 009° 06.800 |
FOTOS
|
FOTOS |
Haberá quen diga que esta é unha ruta fácil, que todos os sendeiristas galegos subiron algunha vez a Moa; pois nós por non ser menos aventurámonos en esta aventura, que de fácil nada (sobretodo para min que son de nivel baixo), pero moi recomendable pola paraxe na que discorre a ruta e polas suas impoñentes vistas.
Este roteiro volvemos a facelo circular por que só contabamos con un coche, e os últimos e largos quilómetros facemolos por unha pequena estrada asfaltada.
Com vedes colgamos unhas coordenadas para o GPS en vez de o típico enlace a geocaching, pero é que colocamos o noso tesouro a menos de 150 metros de outro, sin saber que eso estaba prohibido; por elo deixamos as coordenadas para que o poidades buscar.
O monte Pindo, coroado pola chamada Moa é un enorme monte granítico de máis de 600 metros de altitude que vixía a ría de Corcubión e que presenta multitude de penedos graníticos, que a imaxinación fainos ver figuras antropomórficas como o chamado guerreiro. A cultura galega coñeceo como o Olimpo Celta, por que as lendas contan que foi esta cultura prerromana quen labrou os penedos para darlle esa forma tan curiosa.
Desde este punto abandonase por completo o asfalto metendonos xa por un pequeno sendeiro ascendente; o primeiro tramo da ruta é bastante duro e con algunha sombra, pero segundo imos subindo a vexetación pasa a ser na sua maior parte de monte baixo, polo que en tempo de sol pode haber bastante calor. O camiño xa nos primeiros metros aparece salpicado de enormes rochas que impíden que a ruta se poida facer en BTT, rochas que en un primeiro momento axudan a subir, dado que semellan enormes escaleiras, pero que acaban agotando rápidamente.
Despoís de un largo anaco andado aparecen xa as primeiras vistas do mar, a verdade é que alegran bastante a vista e o ánimo por que tamén chegan as primeiras brisas que axudan a sofocar a calor; é unha ruta dura que de non ser pola paisaxe faise monotona e na que precisamos levar bastante auga para beber continuamente. Si buscades pola web veredes que a ruta aparece como homologada pola FGM e perfectamente sinalizada, nos despois de realizala podemos asegurar que sinales hai máis ben poucas, poida que desapareceran co lume que visitou este LIC non fai moitos anos ou ben por que desapareceron por falta de conservación; aínda así o camiño é bastante intuitivo e axudanos a seguilo outro tipo de sinais non homologadas pero abundantes que consisten en uns pequenos montonciños de pedras a modo de pequenos milladoiros nos lugares de referencia, non obstante non vos confiedes e descargade o noso track.
A ruta do Monte Pindo é un clasico entre os montañeiros e sendeiristas galegos e esto quedou por nós atestiguado durante a subida, por que continuamente encontrabamos con camiñantes, cada vez que nos daba alcance algún de estos aventureiros facíamos por saudalos e así descansar un pouquiño; dixen que o Pindo era coñecido polos sendeiristas galegos, pero igual por que cando nos fomos era ponte e a xente se desplaza máis, a maior parte da xente que encontramos eran de fora da nosa terra. Mentres tomábamos folgos tamén mirábamos para as formas dos penedos, non sei si esta será o famoso guerreiro, que para mín pasou desapercibida, pero a Bea pareceulle un robot.
O camiño seguirá ascendendo ata a Moa con maior ou menor grao de desnivel e entre rochas, curvas de ferradura e algún desfiladeiro a verdade é que se fai bastante longo, a pouco menos de un quilómetro para chegar a Moa a pendiente suavizase bastante, incluso chegamos a descender un pouco, estaremos a uns 500 metros de altura e xa está a Moa ao noso alcance, o terreo herbáceo por un momento e podemos ver aló a baixo a fermosa praia de Carnota, de máis de 5 km de lonxitude.
Cando chegamos á Moa a verdade é que xa íamos un pouquiño cansos de andar, pero a recompensa era fantástica, accedemos o cume de espaldas ao oceano e a verdade é que demos algo de voltas por que non atopabamos a vía de subida, despiste noso ou algo de desánimo por que xusto cando coronamos apareceu unha de esas frecuentes nubes, non é que fose neboa, senón que estábamos tan altos que unha nube tragounos, podedes imaxinar como estaría o noso ánimo; baixamos a un pequeno merendeiro camiño abaixo e alí xantamos algo.
Con pouco ánimo rematamos o xantar e a nube marchou, lóxicamente volvemos sobre os nosos pasos para subir de novo a Moa, só pode dicir que era espectacular, o mar e fisterra de frente, ao norte a costa ata Muxía, ao sur a praia de Carnota e a serra do Barbanza e cara atrás o envalse e si agudizamos un pouco a vista o mítico Pico Sacro, non digo máis... subide vos.
Pronto volveron as nubes e baixamos o Pindo, a opción era baixar por onde subimos, pero como nos tememos que podería ser durisimo orientamonos hacia a aldea de Fieiro, a baixada foi algo menos picada que a subida pero para nada comoda. En Fieiro rematou o camiño de terra e incorporámonos a unha pequena estrada secundaria con pouco tráfico. Quedarán uns largos quilómetros de alquitrán que se poden facer moi longos, e é unha boa opción tendo dous coches deixar un nesta aldea. Nos como so tiñamos un continuamos pola estrada. Había lugares lindos como foi atravesar a presa do río Xallas, con un gran embalse enorme rio arriba e un estreito canón cara o mar.
Tras abandonar a presa entremos nun tramo comodo con algo de desnivel para arriba, esto valeranos para repoñer algo as cargadas pernas, por que desde o mirador do Ezaro ata a aldea do mesmo nome a estrada volve a ter desniveis escandalosos, tal é esta baixada de non máis de dous quilómetros que a Volta Ciclista a España de 2012 ten pensado facer un final de etapa en este punto, e non un final calquera, si vemos a sua páxina web www.lavuelta.es clasifican a etapa como importante para a clasificación xeral pola dureza do seu fin.
Os últimos dous quilómetros son os que discurren entre as mariñeiras vilas do Ézaro e do Pindo, cruzando na sua desembocadura o río Xallas; non debemos de marchar sin contemplar a catarata que forma o río Xallas ao morrer no mar, única en Europa e que por fin rega o mar a diario, xa que ata fai poucos meses tan só o facía unhas horas os domingos pola mañá, ¿Insólito, non?, pois así é a política enerxética dos embalses.
Non vou a negar que a ruta é dura para a xente pouco preparada, pero todos podemos facela con tempo, xa que merece a pena por que é das máis fermosas que fixemos e pronto se olvida o sufrimento. Non olvidedes levar auga e controlade facer a ruta con tempo de abondo, xa que as horas logo pasan.
Xa nos contaredes que vos pareceu!!!
Nós fixemos esta ruta vai facer un ano e aínda nos estamos preguntando hoxe onde estaba a Moa. Subimos e subimos ata a base mesma das rochas pero realmente non soubemos cal era a que buscábamos. Voltamos un pouco decepcionados, nós non atopamos a ninguén e iso que era o mes de maio! Mal sinalizada, por certo. Botamos de menos aló enriba un camiño/sendeiro ata o pico da Moa. Xa vin que vos o atopastes. Vou seguir mirando as vosas rutas!!
ResponderEliminarEsa era a Moa, a parte mais alta do Monte Pindo. Nos fai anos que non nos achegamos por ahi e xa daquela estaba mal sinañizada, ainda asi e unha ruta ben bonita. Espero que che gusten as nosas rutas!!!
ResponderEliminar