venres, 5 de outubro de 2012

Fragas do Eume - Camiño da Ventureira



Distancia
7,5 km
Dificultade
Baixa
Tempo
2, 5 horas
Tipo de Roteiro
circular
M.I.D.E.
1.1.3.2.
BTT
 Apta
Descarga Roteiro
Track da ruta
Geocaching
Mapa do tesouro
FOTOS
FOTOS



Iniciamos unha nova tempada de sendeirismo e os Carcochas queremos presentarvos unha das nosas rutas favoritas, o chamado Camiño da Ventureira que percorre a chamada Fraga Vella do Eume. Esta foi para nós o  bautismo de adultos no mundo do sendeirismo, e todo gracias as antigas Andarelas e aos seus estupendos guías que se acabaron convertendo para nós en uns verdadeiros amigos.

Volvemos varias veces con amigos a percorrer esta ruta e agora amosámosvola a vos para que disfrutedes unha tarde aventureira ou vos bauticedes no monte en unha paraxe espectacular.




Xa que chegou o outono e decidimos volver a poñer as botas, para iniciar a tempada, o Camiño da Ventureira era unha opción asequible para facer en unha tarde de sábado, sen presas e sin suar demasiado. Collemos o coche e diriximonos ata o mosteiro de Caaveiro sin recordar que os últimos quilómetros da estrada están cerrados ao tráfico en época estival. Cando chegamos ás Fragas esta foi a sorpresa, e esperamos o bus gratuíto que pon a Diputación ata a Ponte de Santa Cristina, a escasos metros do mosteiro de Caaveiro. A verdede é que o sistema de bus está francamente ben e é unha magoa que non se manteña en pontes e fins de semana de todo o ano, pero iso sí, recordade que hai que retirar os billetes de ida e volta no Centro de Interpretación.




Como se pode ver en esta fotografía o inicio da ruta facemolo na mesma ponte de Santa Cristina, o lugar onde remata a estrada asfaltada que sube a Caaveiro; nós non cruzamos a ponte e seguimos de frente por unha ancha pista de terra deixando sempre o río Eume a nosa man esquerda. O camiño ancho que vemos nesta foto pronto se vai convertendo en un estreito sendeiro espectacular. A verdade é que o camiño non ten perda algunha e avanzamos entre troncos e pedriñas en un continuo rompepernas.




Este tramo do noso roteiro coincide co recorrido do GR Camiño do Medievo que vai dende Betanzos ata Ortegal, poucas son as marcas vermellas e brancas que nos imos atopar, pero hai algunha como se pode ver nesta foto; tamén podemos ver algunha pintadiña de cor azul, posiblemente do Clube de Montaña de Ferrol. A fermosura de este tramo, para min os mellores da ruta debense ao natureza abraiante que rodea o sendeiro, con castiñeiros, carballos, moitas abeleiras, salgueiros e o que máis impresiona, polo menos para min son eses enormes fieitos e o manto de musgo que o cubre todo... este ano un pouquiño menos debido ao recente lume. E tal a espesura que por veces non nos damos de conta de que hai un río ao noso carón, e fascina a tenue intensidade da luz.




Este sendeiro tan só ten como sobresalto unha pequena baixada de uns 50 metros entre as árbores, nada que non se poida facer con cuidado; pronto chegamos a central hidroeléctrica do Parrote, unha estructura de forrada de pequenas pedriñas que tampouco rompe demasiado co entorno, pode ser un lugar válido para facer unha paradiña, picar algo e beber un grolo de auga. Continuamos o noso camiño pola pista asfaltada, como podemos ver o desnivel ascendente é brutal, pero en uns 100 metros xa a abandonamos, tomando as escaleiriñas que nos introducen de novo na fraga a man esquerda tras pasar a curva de ferradura. Este novo tramo volve a ser similar ao que xa fixemos e remata na central hidroeléctrica do Eume, esta sí unha mole espantosa dos anos 60 que debemos atravesar ata antiga central da Ventureira, xa abandonada por esta última. Algunha vez nos temos feito a parada do xantar nas escaleiras de esta vella central




Cruzamos o Eume e entramos no concello da Capela; a partir de aquí percorreremos a ribeira norte do río. Iniciamos un tramo asfaltado de 1´5 km ata chegar a unha entrada de novo ao monte a man esquerda, podemos ver unha indicación. Este tramo da ruta xa non é de Fraga vella, percorremos camiños de terra interrumpidos por un par de regatos, e aínda que non tan bonito como a ribeira sur do Eume non deixa de ter o seu encanto; a vexetación xa se fai menos densa, continuán as mesmas árbores pero iso sí xa están presentes os tipicos eucaliptos e piñeiros. Esta zona da ruta estivo máis afectada polo incendio e a ausencia de vexetación é máis evidente, aínda que iso sí permitenos gozar do Eume e do seu canón desde a altura.



Como por arte de máxia o cómodo camiño morre en un novo sendeiro proximo ao mosteiro de Caaveiro, sinal de que xa estamos chegando ao cenobio e que nos volvemos a introducir na imenmensidade da fraga. Chama a atención de este mosteiro para quen non o coñece o seu tamaño, reducido, por que o que temos que ter en conta é que nel nunca viviron máis de nove monxes que buscaban o refuxio eremítico na espesura da fraga. Fermoso e moi deteriorado este mosteiro medieval foi a última morada de San Rosendo Eiriz alá no S.XI, e pese a algún intento posterior foi abandoado tras a desamortización de Mendizabal en 1835. Como é lóxico é visitable pero teremos que consultar os horarios.




O certo é que a ruta xa remataría baixando ata a ponte de Sta Cristina, nos decidimos facer unha pequena derivación ata o muiño xa derruído do río Sesin e a sua ponte, de un só arco pero realmente bonita; non son máis que uns metros dende o mosteiro por un camiño empedrado pero vale a pena. Tan só nos queda volver sobre os nosos pasos ata o mosteiro e baixar ata a Ponte de Santa Cristina onde iniciamos a ruta.




Esperamos que vos guste a ruta, buscade o noso geocache e xa nos contaredes como vos foi!!!!




2 comentarios:

  1. Moi boa información, moi completa. Axudoume a configurar a ruta que imos facer o próximo domingo.Agora que vos atopei, vou seguir investigando a ver que máis rutas tedes. Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Ruta moi recomendable, entorno espectacular e fácil de facer. Gracias Caracochas por compartirla.

    ResponderEliminar