Distancia
|
16 km
|
Dificultade
|
FÁcil
|
Tempo
|
4:30 horas
|
Tipo de Roteiro
|
circular
|
M.I.D.E.
|
1.2.2.3.
|
BTT
|
Apta
|
Descarga Roteiro
|
|
Geocaching
|
|
FOTOS
|
|
Cando falamos de Sobrado dos Monxes o primeiro que nos aparece pola cabeza é o seu mosteiro, e o segundo... no meu caso vou a ser sincero, nada máis. Pois con esa escusa puxemos de novo as botas e arrancamos para ver o que nos daba de sí esta comarca. O resultado foi moi gratificante, e nesta ruta ademáis de coñecer o mosteiro de Santa María, subiremos a Serra do Bocelo, atoparemonos co dolmen do Forno dos Mouros, percorreremos fermosas corredoiras e coñeceremos a Lagoa de Sobrado.
O inicio de esta ruta como non podía ser de outra maneira facemolo diante do impoñente mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, abadía fundada no S.X polos condes de Présaras como mosteiro dúplice para logo ser refundado por Fernando Perez de Traba (fillo de Pedro Froilaz) no século
S.XII pasando a ser un mosteiro bieito. Pouco queda do primixénio estilo románico polo mal gusto da época moderna de convertelo todo en barroco; así podemos ver unha igrexa de tres naves desiguais que ao exterior correspondense coas duas torres separando duas columnas xeminadas de orde xigante a porta, coroada pola virxe da Asunción. Destaca o xogo de luces tipicamente barroco.
Dado que cando iniciamos a ruta o mosteiro estaba pechado, e que cando a rematamos xa volvía a estar pechado non puidemos ver o interior da abadía bieita. Comenzamos o percorrido na mesma praciña que forma o mosteiro, saímos polo arco que pecha a praza entrando noutra presidida polo concello de Sobrado dos Monxes; saímos da vila calexeando costa arriba e tomamos unha pequena pista pegada aos muros da abadía ata chegar a un pequeno regato, que baixa da lagoa. En este punto o camiño colle firme de terra e volvese ascendente pero agradable entre carballos e castiñeiros.
+2.jpg)
Ao alto de este camiño tomamos un camiño a man esquerda, adentramonos na frondosidade de unha fraga que disminue a intensidade da luz, o camiño moi humido vai encaixonado entre arbores e pequenos balados de pedra totalmente forrados por musgo e cogumelos, o camiño é realmente bonito, e será a tónica do que será a maior parte da ruta, camiños enlamados con rodeiros marcados polo que aconsellamos que esta ruta non se faga nunha época húmida do ano. O camiño remata nunha pequena aldea, levamos preto de 3 km andados. Nesta aldea, concretamente na primeira casa hai varios pastores alemáns soltos, non son demasiado amigables e por iso o mellor que podedes facer á esperar a que os donos os chamen, ou eso é o que fixemos nós, esperamos a que saíran os donos da casa despois de que os cans se fartaron de ladrar.
+8.jpg)
Tras abandonar a aldea continuamos un anaco por unha pista asfaltada de aldea, cruzamos o río Tambre, en este tramo aínda é un pequeno regato debido a proximidade do seu nacemento. A paisaxe vaise facendo máis aberta e luminosa, agora temos vista a amplos prados de pasto con infinidade de vacas leiteiras; o camiño pouco a pouco vai gañando altura para ir subindo a chamada serra do Bocelo; encontramos un sinal que nos prohibe o paso, lóxicamente é un camiño de uso público e non lle facemos caso, o único é que antes de chegar a unha pequena aldea abandonada de catro casas e uns cantos cabanotes hai unha alambrada de espiños que corta o paso, algo totalmente ilegal, pero nós tras abrila volvemos a deixala como a atopamos. Seguimos subindo un pouco máis ata coroar a serra do Bocelo a máis de 700 metros de altura, disque é o punto máis alto da provincia.
+15.jpg)
As fotos de unha cámara compacta non son a mellor forma de ver unha paisaxe nun blog, pero neste caso é o que hai, dende o alto do Bocelo a parte de vermos dous penedos graníticos moi chulos e xigantes, podemos ver unhas estupendas vistas da comarca de Sobrado, non sei todo o que se pode ver, pero son quilómetros e quilómetros. No alto comenzamos a baixar unha estradiña que fai de fronteira entre os concellos de Sobrado e Toques, atopamos un camiño a man dereita que en poucos metros levanos ao Forno dos Mouros; o nome xa é indicativo de que hai un dolmen próximo posto que no S.XVI en Galicia creíase que os mouros eran uns pequenos trasnos que vivían no monte e agochaban tesouriños de ouro nas mamoas; ao pouco de iniciar esta pequena e recomendable derivación xa vemos unha mamoa sen excavar, pero o forno dos Mouros é un fermoso dolmen de corredor en perfecto estado e excavado pola USC no ano 1989; este dolmen presenta pinturas en zig zag que foron tapadas posteriormente para sua conservación, arqueólogos atoparon restos de cerámica campaniforme.
+18.jpg)
Desandamos o camiño feito para chegar de novo a ruta principal, en poucos metros o camiño parece ir desaparecendo entre maleza e silvas, será un tramo feo de uns 500 metros para volver de novo as corredoiras; pouco a pouco imos baixando en altura e o bosque e os prados volven a ser os nosos compañeiros, cogumelos e vacas con algunha ovella van a ser os nosos compañeiros de viaxe, poida que humidade de estas corredoiras sexa aínda superior a que fixemos no primeiro tramo, o tempo coando fixemos a pateada estaba seco e o chan dos camiños estaba tan enalamado que parecía unha mousse de chocolate, por iso volvo a recordar que a mellor época para facer esta ruta é cando estean os camiños secos, pouco a pouco diriximonos a Sobrado atravesando algunha que outra aldea e camiños inundados por pequenos regatos, pero fácilmente superables con unhas botas de sendeirismo.
+22.jpg)
Xa a pouco máis de un quilómetro de rematar a ruta chegamos a lagoa de Sobrado, embalse artificial que fixeron os monxes na época medieval para almacenar auga do río Tambre e dispoñer de líquido todo o ano, así comon para empregala de viveiro para o peixe que comían na abadía, troitas posiblemente. Actualmente e despois de mil anos alí apozada a auga forma unha fermosa lagoa na que aniñan patos e diferentes aves acuáticas así como unha gran cantidade de nenúfares frotando por toda a superficie. O concello rodeou a lagoa de un camiño de madeira e hai un poste ode vixiancia ornitolóxica.
Por último quedanos un cómodo quilómetro para chegar a Sobrado e rematar a ruta. Esperamos que vos gustara esta fermosa ruta que percorre o interior de Galicia e non dudedes en buscar o noso geocaché; xa nos diredes como vos foi...