Distancia
|
3,5 Km lineal – 7 km ida e volta
|
Dificultade
|
Moderada
|
Tempo
|
2:00 horas -- 3:30 ida e volta
|
Tipo de Roteiro
|
lineal
|
M.I.D.E.
|
2.2.3.2.
|
BTT
|
Non Apta
|
Descarga Roteiro
|
Track da Ruta |
Geocaching
|
Coordenadas do tesouro |
FOTOS
|
O inicio da ruta empazámola no propio aparcadoiro de Porto Ancares, decidimos tirar cara Cuiña despois de abortar unha ruta a Miravalles ; a ruta marcada con un só cartel informativo no extremo do aparcamento, indica que se fai en unha hora, poida que Calleja sí, pero a xente de a pé precisa duas horas. Que exista un só cartel indicativo en toda a ruta non quere dicir que faga falta ningún máis, o camiño é un sendeiro estreito pero sin perda ningunha ata Cuiña.
Detras do panel sae unha pequena senda ascendente que vai poco a pouco subindo un pequeno promontorio entre pequenas pedras para en pouco tempo baixar a unha pequena campa na que se atopa o refuxio de montaña de Ancares, unha pequena caseta bastante destrozada e rodeada por unha morea de vacas que alegran o camiño co tolón tolón das suas chocas; cando nos fomos aproximando ao refuxio entre as vacas había un enorme mastín dando conta do rabaño que ladraba algo si nos aproximábamos ao gando, pero a verdade é que era un can tremendamente manso.
Deixamos atrás a campa do refuxio de montaña para ir de novo gañando altitude, dende a distancia podemos observar unha pedreira que baixa dende o cumio da montaña que temos enfronte e chama Pena Venera , debemos dirixirnos cara ela gañando altura e co coidado de non esvarar polo xeo, dicimos esto por que a finais de outubro cando nos fixemos esta ruta había placas de xeo durante todo o día e supoñemos que máis no inverno haberá bastante neve. A pedreira non foi dificultosa de pasar, rodeamos a montaña sin sobrepasar os 1700 metros de altitude e dende esa posición podemos ver o val de Suarbol e escoitar a brisa do vento co tintineo das chocas das vacas a distancia.
A partir de este punto poida que o trazado se faga un pouquiño máis esixente, seguimos avanzando entre os piornos e descendendo para dar o salto a unha montañiña algo máis complicada, as pendentes xa se fan máis complicadas ata chegar a cume, a verdade é que non teño a máis remota idea de como se chama este pico, parece ser que xa forma parte do cordal de Cuiña, arriba a altitude xa ronda os 1900 metros de altura e suabizase bastante o camiño; camiñamos pola crista da montaña con unhas vistas espectaculares tanto aos vales do río Cuíña, coma a aldea de Suarbol.
En fin, xa nos contaredes si vos gustou a ruta, buscade o noso caché e que non vos desanime que o track estea partido, por que é o único sendeiro e volvese polo mesmo trazado, pero si queredes enviovos o trozo que falta...
Gustouvos Caracochas!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario