Distancia
|
19,5 Km
|
Dificultade
|
Moderada
|
Tempo
|
5:45
|
Tipo de Roteiro
|
Circular
|
M.I.D.E.
|
2.2.3.3.
|
BTT
|
Non Apta
|
Descarga Roteiro
|
|
Geocaching
| Coordenadas do tesouro |
FOTOS
| Fotos da ruta |
A ruta que presentamos en esta ocasión é un PR-G homologado en 2011 pola FGM e polo tanto sinalizada; nesta ruta a sinalización é perfecta e podese facer sin a axuda de GPS tan só seguindo a sinalización, esto polo menos en decembro de 2012, esperemos que teña un mantemento ao longo do tempo, algo que lamentablemente apenas se cumple en Galicia, e aos poucos anos os roteiros son impracticables por problemas de mantemento. Creo que a maior parte dos roteiros que colgo en este blog son bastante bonitos, pero este é caviar para un sendeirista.
En este caso a ruta tipificamola en nivel moderado pero en moitos blogs é cualificada como difícil, nós cremos que non é para tanto, si ben hai que ter en conta que é un percorrido longo e lento e poderíanos coller a noite no monte. Iniciamos o recorrido no parque que hai xunto o río Eume nas Pontes de García Rodríguez, comenzamos a marcha río arriba por unha acera que pouco a pouco nos vai dirixindo a presa do embalse da Ribeira. Cruzamos o Eume por encima da propia mesa e xa collemos o sendeiro que se adentra na Fraga da Ribeira.
A senda pola que imos a transitar dende este punto adentrase na Fraga da Ribeira, un sendeiro de eses nos que temos que camiñar en fila india e que se adentra en un dos paraxes máis fermosos polos que transitamos. A senda no inverno que é cando nos fixemos este camiño estaba completamente chea de auga, con pozas e lameiras en todo o trazado e polo que recomendamos que poñades nos pés unhas botas impermeables e vos axudedes de un bastón. O camiño é un autentico rompepernas con continuas subidas e baixadas sen descando, un terreo blandiño pola candidade de auga e afloramentos continuos de pizarra que nos obrigan a poñer a maxima atención para non caer tanto ao chan como ao río ou monte abaixo.
A Fraga pola que recorremos os primeiros quilómetros da ruta como dixen antes é un verdadeiro caviar para os sendeiristas, entramos nunha espesura vexetal que reduce a intensidade da luz e fainos pensar que a cada paso que damos nos poida sair de entre as arbores unha fada ou un mouro protexendo o seu pote de ouro, o chan está tapizado totalmente de follas secas de carballo, castiñeiros, bidueiros e boliñas roxas de acivros, as marxes da senda cuberta por enormes fentos e espectaculares brións de todo tipo, esto xunto coa multitude de regatos que atravesan a fraga fan que para os sentidos sexa un verdadeiro espectaculo, non só para a vista, senón que tamén para o olfato invadindo o noso nariz de fresca humidade e o oido con un silencio roto polo continuo tintineo da auga caendo a gotas polo brión e o chiscar das follas secas baixo as nosas botas.
Continuamos camiñando por esta Fraga de encanto como é a da Ribeira con cuidado de non esvarar nin tropezarnos con un trasno, e en uns cinco quilómetros facemos un cambio de paisaxe, agora tras uns sube e baixa típicos da orografía galega entramos en un camiño de monte baixo flanqueado por xestas e tamén bastante enlamado que nos permite camiñar á beira do encoro. O bonito de este tramo son as vistas contemplamos da outra ribeira do río, completamente diferente e en forma de fraga. En un dos meandros do Eume decidimos parar para xantar un bocadillo, había unha especie de praía ou ribeira de herba que había que aproveitar dado que na ruta hai poucos lugares onde parar pola humidade da contorna.
Continuamos a marcha tras repoñer enerxía para adentrarnos de novo en un dos tramos máis aventureiros da nosa marcha, pouco a pouco imos deixando a paraxe de ribeira para volver á fraga, o sendeiro volve a estreitarse e a complicar a velocidade do noso paso; é certo que non está tan enlamado como ocurría nos treitos da Fraga da Ribeira, pero a senda en este tramo ten máis afloramentos de pizarra facendo o andar máis complicado polo esvaradizo do chan. Este treito do roteiro debeu de cambiar bastante nos últimos meses xa que antes de preparar esta andaina e buceando na rede encontramos mención a uns tramos moi complicados. Chegamos a un punto de paredes verticais sobre o río no que nos encontramos unhas grosas cordas que axudaban a subir un tramo que debido a que era tan picado impedía a sua marcha a pe sen axuda; este era o que eu atopara na web, tres tramos moi complicados que había que subir gabeando coa axuda de cordas; por sorte para nós as cordas seguen ancladas sobre o terreo, pero tamén hai unhas confortables escaleiras de madeira que axudan a pasar estos tres bonitos treitos sin complicación algunha.
Tan pronto como pasamos este tramo imos deixando o Eume atrás, agora a a partir de este punto o roteiro deixa de ser de río para adentrarse na Fraga de Lostegal. Entramos en unha fraga por camiños anchos e lixeiramente en ascenso, en pouco tempo e aínda próxima ao río chegamos a unha aldea ou grupo de casas semiabandoadas chamada Vilarbó, este treito está asfaltado, ou eso cremos por que a alfombra de follas secas cubren totalmente o chan e non temos a impresión de pisar asfalto. En poucos metros chegamos a un portal metálico que pecha completamente a pista, ¿legal?, nós cremos que non pero á beira da cancela hai un paso peonil. En poucos metros tomamos unha senda a man esquerda que nos baixa a fraga.
Si observamos o perfil da ruta podemos ver que hai un tramo de forte ascensión, este é o que coincide coa profunda Fraga de Lostegal, xa deixamos atrás o río para sempre e comenzamos unha subidiña considerable por esta fermosa Fraga de Lostegal, esta volve a ser unha fraga de encanto de vexetación máis espesa que na Ribeira pero de morfoloxía similar. O camiño pouco a pouco vai gañando altura por unha senda serpenteante entre regos de auga que discorren ladeira abaixo, a cantidade de carballos de esta fraga impiden ver de forma algunha o cauce do Eume.
Abandonamos a Fraga de Lostegal e aínda nos quedan uns metros de ascención para chagar ao punto máis alto. Desde a cima de este monte podemos ver unha zona de media montaña coa impoñente serra do Xistral ás nosas costas. entramos nun parque eolico e o camiño deixa de ser senda para pasar a ser anchas e lixeiras pistas de terra, a verdade é que este tramo xa non é demasiado bonito, eso sí podemos ver a bisbarra e o Xistral dende o alto. Dixamos atrás os muiños e collemos unha pequena estrada para deixala en uns metros tomando de novo unha senda a man dereita. Esta senda a verdade é que é un castigo para as pernas, unha estreita senda moi picada en descenso e de lama e pedras que dificultan enormemente a marcha e cargan as pernas. Cando rematemos a baixada xa estaremos de novo nas Pontes e rematamos esta espectacular ruta.
Invitamosvos a que fagades vos tamén este roteiro e que nos contedes como vos foi, seguro que non vos vai a defraudar, pero contade con tempo para facela sin agobios e poder disfrutar da ruta. Ahhh, e non olvidedes de buscar o noso cache.
Xa nos diredes como vos foi!!!!