xoves, 21 de febreiro de 2013

Ribeira Sacra - Ruta da Cubela



Distancia
15 km
Dificultade
Moderada
Tempo
 5:00 horas
Tipo de Roteiro
circular
M.I.D.E.
1.2.2.3.
BTT
Non  Apta*
Descarga Roteiro
Geocaching
FOTOS



Esta é a segunda ruta que facemos os Caracochas na Ribeira Sacra; o potencial de esta rexión para o sendeirismo é fantastico. Esta ruta recorre o corazón do canón do Sil transitando por sendas a pé de río, mostrandonos unha visión diferente do Canón para aqueles que estamos acostumados a contemplalo dende os miradores. Pero non só é Sil o que recorre este camiño, xa que aproveitando o paso do Camiño de Inverno a Santiago camiñamos entre antiquisimas caracochas de camiño ao fin da ruta.




Este roteiro comenzamolo na aldea de Castro de Abaixo, un pequeno lugar situado a uns 700 metros da ponte que cruza o Sil na estrada Monforte - Quiroga. Deixamos o coche a uns metros das primeiras casas da aldea e recorremos a pequena estrada ata as casas. Dentro da aldea vemos con claridade un pequeno regato que baixa con forza para morrer no Sil, cruzámolo entre uns prados e de forma descendente imos perdendo algo de altura para acabar en unha pequena senda próxima ao Sil. Na aldea de Castro de Abaixo atopamos varios carteles que indican a ruta, en este caso tomamos os que indican a Cubela.




Tomada a senda que indicamos xa non hai perda ata a Cubela, aos pocos metros de iniciar a senda e na ribeira norte do Sil podemos ver a península de Augasmestas formada pola desembocadura do río Lor no Sil. Este camiño que estamos recorrendo é unha mistura de bosque mediterráneo co atlántico que coñecemos en Galicia; esto débese a un microclima que se da nesta zona de Quiroga con unhas temperaturas máis suaves que as que se poden encontrar na Galicia interior e menor cantidade de precipitacións; esta característica especial facilita que nesta bisbarra se produza aceite de oliva, algo imposible de encontrar no resto de Galicia. A mistura de bosque mediterráneo con atlántico posibilita que xunto a carballos, castiñeiros ou salgueiros encontremos alcornoques ou albedros.




O camiño percorre a ribeira do Sil como si fose unha longa serpe, ou dito de outra maneira é unha estreita senda que nos obriga a dar tantas curvas como o propio curso do río. O camiño é un continuo sube e baixa cortado únicamente pola auga que descende por multitude de regatos e fervenzas que invaden a nosa senda. Desde este camiño temos unha vista privilexiada dos primeiros quilómetros do canón; normalmente estamos acostumados a ver o Sil dende os miradores que se encontran na parte máis alta do canón, nos en este caso somos unha formiguiña pequena que transita por unha fenda de case cincocentos metros de altuta. O canón foi orixinado cando a auga do río invadiu unha faia.




Chegando á Cubela o camiño faise un pouquiño máis esixente con unhas costas un chisquiño máis pronunciadas. Chegamos a aldea da Cubela case abandoada e na que unhas poucas casas colgadas no río e un gatiño alegran o camiño; este pode ser un bo lugar para xantar, ahi unha pequena praciña entre as casas e de cara o río que permiten avituallarse con calma. A aldea da Cubela está asentada sobre unha antiga mina de ouro romana, mentres comía un bocadillo estiven mirando a aldea e a verdade é que non se vían moitos restos, poida que un pequeno desmonte vermello detras das casas. Parece ser que a Cubela está asentada sobre a propia mina, unha mina que se explotou por medio do Ruina Montium, sístema de explotación consistente en derrubar o monte co emprego da auga. Os obreiros perforaban galerías no monte para introducir auga a presión provocando a explosión da galería ao comprimirse o aire; este sistema era o que se utilizou na coñecida mina das Médulas. Non debemos de olvidar que estamos nunha comarca de forte presencia de minas romanas, tanto por este sistema como por medio das fogueiras de biocos.




A Cubela destaca polo seu espectacular meandro, un remuíño de 180º que forma o Sil para poderse abrir paso entre o canón; abandonamos a aldea por unha pequena estrada local costa arriba, a verdade é que a costa é bastante considerable pero un subea sen demasiado esforzo para poder contemplar as mellores vistas do meandro, verdadeiramente espectacular.



Deixamos a estrada por un camiño a man esquerda, seguimos ascendendo por un camiño bastante empedrado e de monte baixo, sin ningún tipo de sombra e ao que se abren os mellores miradores naturais da ruta entre matoxos. Esta é a zona onde teremos as mellores panorámicas do Sil, pero serán as últimas dado que axiña lle daremos a espalda para ir enfilando cara Torbeo. A metade de ascensión pasamos pola Pena Tallada como se pode ver na fotografía, un paso artificial pero moi antigo, labrado pola man do home para facer camiño e facilitar o tránsito de carros.




Chegamos á aldea de Torbeo despois de ascender uns 400 metros de desnivel, a subida foi máis levadeira do que en principio marcan as gráficas de desnivel indican; visitamos de forma apurada a igrexa de trazas románicas e iniciamos a baixada ata o final da ruta. Como podemos ver os camiños están bastante cubertos de lama e en moitos casos de auga como se mostra nesta fotografía; nada que non se poida salvar con coidado e unhas boas botas. En un principio o camiño transcorre entre prados e algunha vaca, pero pronto entramos en un fermoso bosque atántico no que destacan as suas increíbles caracochas, os carballos e os continuos regatos que buscan o Sil en forma de pequenas fervenzas. Este tramo de uns 6 km faise bastante sinxelo ao picar o camiño sempre para abaixo.




Pois esto é o que dou a ruta de sí, non olvidedes buscar o caché, e si a facedes en bici sempre en sentido contrario a ruta que nós propoñemos, aínda que non é demasiado fácil. 

Xa nos contaredes como vos foi!!!