luns, 25 de marzo de 2013

PR-G 87 Costa Norte de Oleiros


Distancia
25,5 km
Dificultade
Moderada
Tempo
7:00 horas
Tipo de Roteiro
Circular
M.I.D.E.
1.2.2.3.
BTT
Apta
Descarga Roteiro
Track da Ruta
Geocaching
Mapa do tesouro
FOTOS
FOTOS

A verdade é que nunca lle atopo o negativo a unha ruta de senderismo, en este caso como estou escribindo en un blog para a difusión de rutas debo ser un pouquiño obxetivo. Este roteiro é un pouco complicado de describir, visita unha zona de costa fantastica, pero ao mesmo tempo recorre quilómetros e quilómetros de interese cero e moi asfaltados que nos deixan un sabor bastante agrio. Non obstante o peor do roteiro non é o andar por andar, senón a sua sinalización, é un PR-G homologado pola FGM e ata o de agora foi o peor que me atopei, en teoría sinalizado, pero na práctica totalmente carente de sinais e os que haí están tan mal colocados que o normal e perderse como nos pasou a nós. Tentaremos que con esta descripción se solucione.




 Iniciamos esta longa ruta na propia vila de Mera, tras deixar aparcado o coche xunto a lagoa e mercar algo de pan para o camiño, empezamos a camiñar diante de unha antiga e gran chimenea a carón da lagoa. Os primeiros metros da ruta facemolos polo propio paseo marítimo de Mera; agradable tramo á beira da praia urbana de Mera e que rematará na praia de Espiñeiro.


 Deixamos atrás a praia de Espiñeiro e entre casas tomamos a nosa primeira derivación da ruta para achegarnos aos faros de Mera, o camiño sigue sendo unha pista asfaltada pero de vistas agradables á ría da Coruña que nos permite recorrer este treito de forma lixeira. O PR-G 87 lévanos ata a antiga casa do fareiro, nós baixaremos por un sendeiro a man esquerda que nos conduce ata o mar, para visitar unha antiga batería de defensa militar, do canón nin resto, pero deixou un fermoso mirador da ría. Este mesmo sendeiro lévanos ao faro pequeno ou antiga casa do fareiro, onde hai un pequeno museo mariñeiro, e remata no faro grande.


 Volvemos ao asfalto, retrocedemos o andado para facer esta pequena derivación e retomamos a vía principal e seguimos andando entre as casas ata chegar a Seixo Branco onde deixaremos o asfalto. Entramos en un dos LIC (Lugar de Interese Comunitario) que temos en Galicia , unha pequena reserva natural que pretende preservar esta costa virxe de Dexo. O Seixo Branco é un pequeno puntal que recibe o seu nome por unha veta branca de pórfido, o entorno está cheo de pescadores ou camiñantes que recorren os seus camiños ou simplemente visitan os abandonados bunkers militares; dende o Seixo Branco temos unha fermosa vista de todo o golfo ártabro.


 Continuamos o sendeiro cara os bufadoiros, este tramo de costa é realmente bonito, estamos en unha zona de moitas furnas e puntais con unha costa bastante picada e rochosa, a vexetación e ruda e adaptada aos temporais costeiros, formada na sua práctica totalidade por unha pradeira de herba dura. Seguimos recorrendo este sendeiro ata chegar ao primeiro dos tres bufadoiros que hai na zona.Os bufadoiros son pequenas portas ao reino de Hades que a simple vista non son máis que uns grandes buratos no chan e valados para que ninguén caia no seu interior. A explicación do por que de estes buratos é bastante sinxela, o mar a base de bater contra a costa foi facendo furnas que se adentraban no interior, co paso de anos e anos e de tanto golpear o mar o teito do fondo da furna provocou que este se afundira, por iso vemos un gran burato no terreo. Cando está o mar moi picado sae por estes bufadoiros disparado a modo de sifón, de ahí o seu nome.


 Deixamos atrás os bufadoiros e iniciamos un novo sector da ruta, a verdade é que para mín inexplicable por que o fermoso de esta ruta é o mar e o camiño lévanos ao interior, un interior sen nada que ver e para fastidiar moi asfaltado. Fai uns anos recorrera este tramo da ruta e o camiño chegaba pola costa ata o porto de Dexo, pois ¡Saberá quen trazou o PR-G por que estropeou a ruta!
O camiño adentrase en un piñeiral que pouco a pouco nos vai acercando ata un castro, aínda sen excavar e que tan só uns ollos experimentados na arqueoloxía poden atopar, demoslle a volta e continuamos a ruta, totalmente asfaltada, sen interese ata chegar a igrexa de Dexo, dende o meu punto de vista, un treito de pouco interese.



A igrexa de Dexo é unha de estas pequenas xoias do románico rural do século XII, consagrada polo  bispo Diego Xelmirez no 1108 destaca pola sua portada entre columnas e con un timpano embolta por tres arquivoltas con motivos xeométricos; fermoso tamén é o seu ábside e os canecillos que sustentan das cubertas historiados con pecados capitais. deixamos atrás este bonito templo para baixar ao chamado porto de Dexo. Volvo a indicar que sería preferible recorrer a costa directamente ata o porto e evitar este tramo asfaltado entre as casas de Dexo.


Chegamos ao porto de Dexo, unha pequeniña cala fronte a illa da Marola, fixemos unha parada para xantar algo en unha especie de merendeiro con mesas de pedra e unhas figuriñas de uns golfiños, dende este punto a ruta volve de novo a costa que nunca debiu deixar. O porto de Dexo conta con un curioso inxenio formado por unha pequena grua manual de ferro que empregaban os mariñeiros para subir as suas lanchas a terra, dada a imposibilidade de construír unha rampla. Continuamos a senda tendo a Marola sempre de frente e xa sabemos que "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda", e chegamos a Cova do Ladrón, nós pasámola e tivemos que dar volta sobre os nosos pasos, visitando antes un castro tamén sen excavar e un cabo de pouco interese. A Cova do Ladrón e unha pequena furna sobre o mar e fronte a Marola totalmente escondida pero moi encantadora, é unha pequena derivación de uns 100 metros sinalada como mirador.



Eu poñería fin a ruta neste punto, voltaría a Dexo, visitaría a igrexa e ben remataría unha fermosa ruta lineal e costeira ou ben buscaría algún camiño rápido a Mera, pero o PR-G 87 foi pensado de outra maneira, os primeiros quilómetros corremolos por unha amplia pista ata Lorbé, pero sin saber moi ben a que se vai, nos baixamos ata o seu porto para ver a ría de Sada e as afamadas bateas, pero a ruta non, de ahí a nos derivación, percorre a estrada xeral ata que vemos o cartel de entrada no concello de Sada, nese punto a ruta colle un camiño interior, enlamado, cheo de escombro e entre eucalittais ata chegar a Mera, en este punto a verdade é que estaba bastante enfadado, por que unha ruta que ten unha costa tan linda acabaron por facela enorme e sen interese. Os concellos ou quen planifiquen as rutas deberían explotar máis o que teñen e non tentar pasar por todas as aldeas do municipio.


A pouco máis de un quilómetro do fin da ruta chegamos a igrexa de San Cosme de Maianca, enclavada entre as paredes de un cemiterio este templo non é menos bonito que o de Dexo, de trazas prerrománicas e con paredes de pedra destaca polo seu nártice pórticado, a sua espadaña descentrada e o seu ábside.


Como conclusión podo dicir que esta é unha ruta que me deixa un agrio sabor, por un lado percorre unha costa fermosísma, pero fora de eso é andar por andar en unha ruta moi longa, con unha sinalización patetica e que acaba por cabrear ao senderista.

Xa nos contaredes, ahhh e buscade o noso caché, pero deixadeo como estaba!!!!! 



xoves, 7 de marzo de 2013

Rego dos Muiños



Distancia
3,5 km
Dificultade
Fácil
Tempo
 1:30 horas
Tipo de Roteiro
lineal
M.I.D.E.
1.1.2.2.
BTT
Apta
Descarga Roteiro
Geocaching
FOTOS


O Rego dos Muiños é unha pequena ruta non homologada e sinalizada polo concello de Cabana de Bergantiños, que a modo de paseo permitenos recorrer un pequeno camiño á beira de un rego, que entre bastantes bidueiros e duas ducias de muiños lévanos o castro da Cibdá de Borneiro.





O Rego dos Muiños é unha ruta de senderismo que non está homologada pola FGM; o concello de Cabana  de Bergantiños arreglou fai uns anos este roteiro e indicouno como o número 3; a verdade é que a sinalización é escasa, unhas simples e escasas frechas de madeira co número 3, pero a verdade é que non ten perda, o terreo foi arreglado e o trazado é inconfundible; é unha magoa que non sexa unha ruta homologada.


Iniciamos a ruta a carón da estrada que vai a Laxe, coincidindo co final do paseo marítimo de Cabana e fronte ao supermercado As Gerlas. A ruta iniciase como se pode ver na fotografía na mesma acera, está perfectamente indicado o comenzo e contamos con un pequeno panel que nos mostra os principais datos de este roteiro.


Os primeiros metros de esta ruta fanse recorrendo unha pasarela de madeira totalmente artificial, evitable dende o meu punto de vista pero que permite dar a coñecer a ruta a aqueles que contan con maior dificultade para camiñar, eso sí hai que ter coidado de non esvarar. Dende o principio imos seguindo o pequeno río e en poucos minutos xa aparecen os primeiros os primeiros muiños de auga que dan nome a esta ruta. Descoñecemos sí o nome do río e Rego dos Muiños, pero a ruta nomeouse así por que nos tres quilómetros que hai dende o inicio ata o castro pasamos a carón de 24 edificacións de este tipo, a maioría en lamentable estado de conservación pero atopamos algúns moi ben arregladiños.


Bergantiños dende sempre foi unha bisbarra cerealeira, e como na maior parte de Galicia usaronse como foi neste caso os pequenos ríos para instalar muiños. O muiño de auga é unha pequena casetiña de pedra destinada a moer o cereal, trigo, centeo, millo... imprescindibles na alimentación galega. Como dixen antes son pequenas casetiñas de pedra instaladas a carón de un río, a simple vista podemos diferencialos polo pousadoiro, unha pequena lousa a carón da porta a modo de mesiña coa función de pousar o saco de gran e abrir a porta do muiño. Pero son máis as caracteristicas, todos os muíños conducen a auga do río por unhas pequenas canles de pedra ao seu interior, esta auga sairá por uns pequenos túneles baixo o muiño chamado o inferno. Dentro do muíño temos polo menos unha roda, mecanismo de pedra formado pola bruía e o rodicio que ao virar trituran o gran. Este mecanismo xiraba coa axuda da auga que movían unhas pás de madeira no inferno. O gran colocabase nun caixón de madeira chamado moega e a fariña recolliade no farneiro.


Abandonamos a pasarela de madeira para continuar por un estreito sendeiro, a verdade é que se agradece, continua sendo un camiño arreglado artificialmente pero totalmente integrado no entorno, recorre a ribeira do río de forma serpenteante deixando entre ambos unha liña continua de bidueiros. O camiño está formado por unha especie de graba prensada pero que axuda a que descansen os pés. O único sobresalto que nos atopamos en este tramo foi a ausencia de unha pontella pola que salvar un regato en un dos tramos, nada de outro mundo, xa que buscamos un paso sinxelo entre os salgueiros no que chegaba con dar un pequeno brinco.




Aos dous quilómetros apróximados de iniciar o roteiro chegamos dende o noso punto de vista a zona máis bonita da xornada, o camiño volvese máis empinado e por eso en algunha zona como se pode ver na fotografía o camiño está suxeito por uns pequenos travesamos a modo de escaleiras, en este tramo o río descende con bastante forza formando pequenas fervenzas. Estamos na zona de maior concentración de muiños, todos abandoados agas un no que podemos atopar un pequeno banco interior no que descansar algo.


Deixamos atrás este bonito treito, cruzamos por última vez o río e deixamolo xa para sempre, agora sin río seguimos unha corredoira ata Borneiro onde teremos que cruzar a estrada para chegar ao Castro onde remata a Ruta.

O castro chamado A Cibdá é o prato forte da ruta e desde o meu punto de vista o castro máis fermosos de Galicia. Habitado entre os séculos IV e I a.C. está formado por un recinto amurallado por un parapeto de terra de uns 100 por 50 metros no que podemos atopar unhas tres ducias de edificacións formando pequenos barrios. Na actualidade este fermoso castro non romanizado é un dos monumentos máis visitados de Bergantiños, en un estado de conservación optimo, e un bo día para visitalo é o 25 de xullo no que celebran recreacións históricas.


Pois para isto foi para o que dou esta pequena ruta, apta tamén para nenos, que non vos vai a defraudar en absoluto; contadenos a vosa experiencia e non vos esquezades de buscar o noso caché.

Xa nos diredes!!!!