Distancia
|
25,5 km
|
Dificultade
|
Moderada
|
Tempo
|
7:00 horas
|
Tipo de Roteiro
|
Circular
|
M.I.D.E.
|
1.2.2.3.
|
BTT
|
Apta
|
Descarga Roteiro
|
Track da Ruta |
Geocaching
|
Mapa do tesouro |
FOTOS
| FOTOS |
A verdade é que nunca lle atopo o negativo a unha ruta de senderismo, en este caso como estou escribindo en un blog para a difusión de rutas debo ser un pouquiño obxetivo. Este roteiro é un pouco complicado de describir, visita unha zona de costa fantastica, pero ao mesmo tempo recorre quilómetros e quilómetros de interese cero e moi asfaltados que nos deixan un sabor bastante agrio. Non obstante o peor do roteiro non é o andar por andar, senón a sua sinalización, é un PR-G homologado pola FGM e ata o de agora foi o peor que me atopei, en teoría sinalizado, pero na práctica totalmente carente de sinais e os que haí están tan mal colocados que o normal e perderse como nos pasou a nós. Tentaremos que con esta descripción se solucione.
Iniciamos esta longa ruta na propia vila de Mera, tras deixar
aparcado o coche xunto a lagoa e mercar algo de pan para o camiño,
empezamos a camiñar diante de unha antiga e gran chimenea a carón
da lagoa. Os primeiros metros da ruta facemolos polo propio paseo
marítimo de Mera; agradable tramo á beira da praia urbana de Mera e
que rematará na praia de Espiñeiro.
Deixamos atrás a praia de Espiñeiro e entre casas tomamos a nosa
primeira derivación da ruta para achegarnos aos faros de Mera, o
camiño sigue sendo unha pista asfaltada pero de vistas agradables á
ría da Coruña que nos permite recorrer este treito de forma lixeira. O
PR-G 87 lévanos ata a antiga casa do fareiro, nós baixaremos por un
sendeiro a man esquerda que nos conduce ata o mar, para visitar unha
antiga batería de defensa militar, do canón nin resto, pero deixou
un fermoso mirador da ría. Este mesmo sendeiro lévanos ao faro
pequeno ou antiga casa do fareiro, onde hai un pequeno museo
mariñeiro, e remata no faro grande.
Volvemos ao asfalto, retrocedemos o andado para facer esta pequena
derivación e retomamos a vía principal e seguimos andando entre as
casas ata chegar a Seixo Branco onde deixaremos o asfalto. Entramos
en un dos LIC (Lugar de Interese Comunitario) que temos en Galicia ,
unha pequena reserva natural que pretende preservar esta costa virxe
de Dexo. O Seixo Branco é un pequeno puntal que recibe o seu nome
por unha veta branca de pórfido, o entorno está cheo de pescadores
ou camiñantes que recorren os seus camiños ou simplemente visitan
os abandonados bunkers militares; dende o Seixo Branco temos unha
fermosa vista de todo o golfo ártabro.
Continuamos o sendeiro cara os bufadoiros, este tramo de costa é
realmente bonito, estamos en unha zona de moitas furnas e puntais con
unha costa bastante picada e rochosa, a vexetación e ruda e adaptada
aos temporais costeiros, formada na sua práctica totalidade por unha
pradeira de herba dura. Seguimos recorrendo este sendeiro ata chegar
ao primeiro dos tres bufadoiros que hai na zona.Os bufadoiros son
pequenas portas ao reino de Hades que a simple vista non son máis
que uns grandes buratos no chan e valados para que ninguén caia no
seu interior. A explicación do por que de estes buratos é bastante
sinxela, o mar a base de bater contra a costa foi facendo furnas que
se adentraban no interior, co paso de anos e anos e de tanto golpear
o mar o teito do fondo da furna provocou que este se afundira, por iso vemos un gran burato no terreo. Cando
está o mar moi picado sae por estes bufadoiros disparado a modo de
sifón, de ahí o seu nome.
Deixamos atrás os bufadoiros e iniciamos un novo sector da ruta, a
verdade é que para mín inexplicable por que o fermoso de esta ruta
é o mar e o camiño lévanos ao interior, un interior sen nada que
ver e para fastidiar moi asfaltado. Fai uns anos recorrera este tramo
da ruta e o camiño chegaba pola costa ata o porto de Dexo, pois
¡Saberá quen trazou o PR-G por que estropeou a ruta!
O camiño adentrase en un piñeiral que pouco a pouco nos vai
acercando ata un castro, aínda sen excavar e que tan só uns ollos
experimentados na arqueoloxía poden atopar, demoslle a volta e
continuamos a ruta, totalmente asfaltada, sen interese ata chegar a
igrexa de Dexo, dende o meu punto de vista, un treito de pouco
interese.
A igrexa de Dexo é unha de estas pequenas xoias do románico rural do século XII, consagrada polo bispo Diego Xelmirez no 1108 destaca pola sua portada entre columnas e con un timpano embolta por tres arquivoltas con motivos xeométricos; fermoso tamén é o seu ábside e os canecillos que sustentan das cubertas historiados con pecados capitais. deixamos atrás este bonito templo para baixar ao chamado porto de Dexo. Volvo a indicar que sería preferible recorrer a costa directamente ata o porto e evitar este tramo asfaltado entre as casas de Dexo.
Chegamos ao porto de Dexo, unha pequeniña cala fronte a illa da Marola, fixemos unha parada para xantar algo en unha especie de merendeiro con mesas de pedra e unhas figuriñas de uns golfiños, dende este punto a ruta volve de novo a costa que nunca debiu deixar. O porto de Dexo conta con un curioso inxenio formado por unha pequena grua manual de ferro que empregaban os mariñeiros para subir as suas lanchas a terra, dada a imposibilidade de construír unha rampla. Continuamos a senda tendo a Marola sempre de frente e xa sabemos que "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda", e chegamos a Cova do Ladrón, nós pasámola e tivemos que dar volta sobre os nosos pasos, visitando antes un castro tamén sen excavar e un cabo de pouco interese. A Cova do Ladrón e unha pequena furna sobre o mar e fronte a Marola totalmente escondida pero moi encantadora, é unha pequena derivación de uns 100 metros sinalada como mirador.
Eu poñería fin a ruta neste punto, voltaría a Dexo, visitaría a igrexa e ben remataría unha fermosa ruta lineal e costeira ou ben buscaría algún camiño rápido a Mera, pero o PR-G 87 foi pensado de outra maneira, os primeiros quilómetros corremolos por unha amplia pista ata Lorbé, pero sin saber moi ben a que se vai, nos baixamos ata o seu porto para ver a ría de Sada e as afamadas bateas, pero a ruta non, de ahí a nos derivación, percorre a estrada xeral ata que vemos o cartel de entrada no concello de Sada, nese punto a ruta colle un camiño interior, enlamado, cheo de escombro e entre eucalittais ata chegar a Mera, en este punto a verdade é que estaba bastante enfadado, por que unha ruta que ten unha costa tan linda acabaron por facela enorme e sen interese. Os concellos ou quen planifiquen as rutas deberían explotar máis o que teñen e non tentar pasar por todas as aldeas do municipio.
A pouco máis de un quilómetro do fin da ruta chegamos a igrexa de San Cosme de Maianca, enclavada entre as paredes de un cemiterio este templo non é menos bonito que o de Dexo, de trazas prerrománicas e con paredes de pedra destaca polo seu nártice pórticado, a sua espadaña descentrada e o seu ábside.
Como conclusión podo dicir que esta é unha ruta que me deixa un agrio sabor, por un lado percorre unha costa fermosísma, pero fora de eso é andar por andar en unha ruta moi longa, con unha sinalización patetica e que acaba por cabrear ao senderista.
Xa nos contaredes, ahhh e buscade o noso caché, pero deixadeo como estaba!!!!!
Penso que o primeiro problema aquí foi falta de información: dis que é un roteiro homologado e sinalizado, cando en realidade é un roteiro que hai anos que xa non está homologado, polo que non podes esixir esas sinalizacións das que falas, que todo o mundo sabe que xa non existen porque, como digo, xa non é un roteiro homologado. Dito doutra maneira: fuches facer un roteiro que en realidade xa non existe como tal. Por outra banda e no relativo ao deseño, hai que dicir que este roteiro inicialmente foi concebido como actividade extraescolar polos alumnos dun instituto, e foi deseñado por eles nunha estupenda actividade educativa. Non está concebido como un roteiro especificamente para facer sendeirismo por aqueles urbanitas qu o unico que buscan é camiñar por terra, ten outros obxectivos: conectar a costa con elementos de interese patrimonial, arquitectonico, etc (castros, igrexas, fontes, lavadoiros). Se buscas puro e duro sendeirismo, obviamente este non é o lugar ideal :)
ResponderEliminar