xoves, 7 de marzo de 2013

Rego dos Muiños



Distancia
3,5 km
Dificultade
Fácil
Tempo
 1:30 horas
Tipo de Roteiro
lineal
M.I.D.E.
1.1.2.2.
BTT
Apta
Descarga Roteiro
Geocaching
FOTOS


O Rego dos Muiños é unha pequena ruta non homologada e sinalizada polo concello de Cabana de Bergantiños, que a modo de paseo permitenos recorrer un pequeno camiño á beira de un rego, que entre bastantes bidueiros e duas ducias de muiños lévanos o castro da Cibdá de Borneiro.





O Rego dos Muiños é unha ruta de senderismo que non está homologada pola FGM; o concello de Cabana  de Bergantiños arreglou fai uns anos este roteiro e indicouno como o número 3; a verdade é que a sinalización é escasa, unhas simples e escasas frechas de madeira co número 3, pero a verdade é que non ten perda, o terreo foi arreglado e o trazado é inconfundible; é unha magoa que non sexa unha ruta homologada.


Iniciamos a ruta a carón da estrada que vai a Laxe, coincidindo co final do paseo marítimo de Cabana e fronte ao supermercado As Gerlas. A ruta iniciase como se pode ver na fotografía na mesma acera, está perfectamente indicado o comenzo e contamos con un pequeno panel que nos mostra os principais datos de este roteiro.


Os primeiros metros de esta ruta fanse recorrendo unha pasarela de madeira totalmente artificial, evitable dende o meu punto de vista pero que permite dar a coñecer a ruta a aqueles que contan con maior dificultade para camiñar, eso sí hai que ter coidado de non esvarar. Dende o principio imos seguindo o pequeno río e en poucos minutos xa aparecen os primeiros os primeiros muiños de auga que dan nome a esta ruta. Descoñecemos sí o nome do río e Rego dos Muiños, pero a ruta nomeouse así por que nos tres quilómetros que hai dende o inicio ata o castro pasamos a carón de 24 edificacións de este tipo, a maioría en lamentable estado de conservación pero atopamos algúns moi ben arregladiños.


Bergantiños dende sempre foi unha bisbarra cerealeira, e como na maior parte de Galicia usaronse como foi neste caso os pequenos ríos para instalar muiños. O muiño de auga é unha pequena casetiña de pedra destinada a moer o cereal, trigo, centeo, millo... imprescindibles na alimentación galega. Como dixen antes son pequenas casetiñas de pedra instaladas a carón de un río, a simple vista podemos diferencialos polo pousadoiro, unha pequena lousa a carón da porta a modo de mesiña coa función de pousar o saco de gran e abrir a porta do muiño. Pero son máis as caracteristicas, todos os muíños conducen a auga do río por unhas pequenas canles de pedra ao seu interior, esta auga sairá por uns pequenos túneles baixo o muiño chamado o inferno. Dentro do muíño temos polo menos unha roda, mecanismo de pedra formado pola bruía e o rodicio que ao virar trituran o gran. Este mecanismo xiraba coa axuda da auga que movían unhas pás de madeira no inferno. O gran colocabase nun caixón de madeira chamado moega e a fariña recolliade no farneiro.


Abandonamos a pasarela de madeira para continuar por un estreito sendeiro, a verdade é que se agradece, continua sendo un camiño arreglado artificialmente pero totalmente integrado no entorno, recorre a ribeira do río de forma serpenteante deixando entre ambos unha liña continua de bidueiros. O camiño está formado por unha especie de graba prensada pero que axuda a que descansen os pés. O único sobresalto que nos atopamos en este tramo foi a ausencia de unha pontella pola que salvar un regato en un dos tramos, nada de outro mundo, xa que buscamos un paso sinxelo entre os salgueiros no que chegaba con dar un pequeno brinco.




Aos dous quilómetros apróximados de iniciar o roteiro chegamos dende o noso punto de vista a zona máis bonita da xornada, o camiño volvese máis empinado e por eso en algunha zona como se pode ver na fotografía o camiño está suxeito por uns pequenos travesamos a modo de escaleiras, en este tramo o río descende con bastante forza formando pequenas fervenzas. Estamos na zona de maior concentración de muiños, todos abandoados agas un no que podemos atopar un pequeno banco interior no que descansar algo.


Deixamos atrás este bonito treito, cruzamos por última vez o río e deixamolo xa para sempre, agora sin río seguimos unha corredoira ata Borneiro onde teremos que cruzar a estrada para chegar ao Castro onde remata a Ruta.

O castro chamado A Cibdá é o prato forte da ruta e desde o meu punto de vista o castro máis fermosos de Galicia. Habitado entre os séculos IV e I a.C. está formado por un recinto amurallado por un parapeto de terra de uns 100 por 50 metros no que podemos atopar unhas tres ducias de edificacións formando pequenos barrios. Na actualidade este fermoso castro non romanizado é un dos monumentos máis visitados de Bergantiños, en un estado de conservación optimo, e un bo día para visitalo é o 25 de xullo no que celebran recreacións históricas.


Pois para isto foi para o que dou esta pequena ruta, apta tamén para nenos, que non vos vai a defraudar en absoluto; contadenos a vosa experiencia e non vos esquezades de buscar o noso caché.

Xa nos diredes!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario