Distancia
|
21 km
|
Dificultade
|
Moderada
|
Tempo
|
6:00 horas
|
Tipo de Roteiro
|
Circular
|
M.I.D.E.
|
1.2.2.3.
|
BTT
|
Non Apta
|
Inicio da ruta
| N42 46.047 W008 15.709 |
Descarga Roteiro
|
|
Geocaching
|
|
FOTOS
|
A ruta que transcurre entre o Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa é a primeira incursión das Caracochas na provincia de Pontevedra, con un sabor un tanto enfrontado, por un lado atopamonos con paraxes espectaculares como son o Mosteiro de Carboeiro, a Fervenza do Toxa ou a Ponte do Demo, pero ao mesmo tempo fixemos esta ruta por un track algo anticuado que nos levou por camiños cerrados pola maleza ou pola vía do tren; dificultades resoltas seguindo tan só o track principal sin facer ningunha derivación.
O punto de partida da nosa ruta atopase na aldea de Merza, mercamos algo de pan en un pequeno comercio de esos que venden de todo; baixamos entre as pequenas ruas de Merza en dirección a parte máis baixa e pegada aos seus prados e terreos de labor imos abanzando poco a pouco en dirección á Brea; tan pronto e como deixamos atrás as últimas casas atopámonos con un pequeno río que teremos que atravesar por unha antiga e destartalada ponte de pedra.
Como se pode en esta fotografía a ponte está bastante deteriorada, non obstante o paso sobre as suas laxes é moi seguro, e a fotografía non fai xustiza a peculiar beleza de este paso, seguimos a nosa marcha e o camiña volvese ascendente durante un quilómetro ata a aldea da Brea, na que se atopa un coñecido balneario; nós non pasaremos a carón de estas caldas e colleremos un camiño que nos conduce ao mosteiro de Carboeiro. Entre carballos baixamos por un camiño cheo de pequenas lousas que nos recordan ás calzadas romanas que aparecen nos libros de Asterix, non sabemos a orixe do enlousado de este tramo pero é moi agradable de recorrer rematando na chamada Ponte do Demo.
A Ponte do Demo onde remata este fermoso camiño servenos para cruzar o río Deza, verdadeira vea de esta bisbarra do mesmo nome. A Ponte do Demo construída en pedra e que cruza o Deza coa axuda de un enorme arco de medio punto con unha luz superior aos 10 metros rexistra unha lenda tan fermosa como a propia ponte e que dí o seguinte:
"O mosteiro de
carboeiro, en tempos un dos máis ricos de todo o país, pasou por grandes
dificultades na súa orixe. Non era doado atopar homes que soubesen traballar a
pedra, o diñeiro era escaso e os monxes pasaban grandes dificultades.
Fartos de aturar
estas penalidades decidiron facer un trato co demo, do que se encargou o irmán
Ramón un venres.
O demo como bo construtor,
erguería un mosteiro de sólida pedra entre o venres e o domingo pola mañá, en
troques, levaría consigo todas as almas que falecesen ese domingo.
O demo aceptou
con reticencias, pois era consciente que os monxes posuían o salterio de San
Cibrán, o cal se escorrentaba e o atormentaba si se presentaba. Pero a
sinceridade do irmán Ramón convenceuno.
O demo construíu
o fermoso santuario e púxose a esperar a súa recompensa, lonxe de cumprir o
trato o abade maior botou man do salterio, producindo tal enfado no demo por
sentirse enganado que tentou derrubar o mosteiro, pero entre o medo ao salterio
e a súa boa obra foille imposible. Cando séculos máis tarde o salterio foi
levado a Toledo o demo soprou unha pavorosa tempestade que converteu o mosteiro
nas ruínas de hoxe, cumprindo a súa vinganza".
Desde a Ponte do Demo en poucos metros chegamos ao mosteiro de Carboeiro, xa no concello de Silleda, xoia do románico galego e un dos motivos do por que de facer esta ruta, dende o Deza. Carboeiro é a proba da tensión que existía na Galicia do S.X na que a fundación de mosteiros pretendía igualar as forzas da coroa co fortisimo poder feudal; as orixes de Carboeiro, co patrocionio da coroa de León, datan do 936 na que os condes de Deza fundan o cenobio en un meandro do río Deza, pronto pasa a protección de San Rosendo e do bispo Ero de Lugo; si ben a época forte de Carboeiro temola que fixar no S.XII, coa chegada de Cluny a Galicia e a construcción da igrexa románica por parte de Mateo, con influencias compostelanas na sua espectacular cripta, única no románico español, na que descansa a cabeceira do templo, coroada por unha xirola con tres ábsides radiais; a planta do templo en cruz latina en catro naves destaca pola sua austeridade ornamental, engalanada coa novidade das bóvedas de crucería e sobretodo coas suas portadas nas que destaca o coro celestial cos anciáns do Apocalipse do gusto do Mestre Mateo. O euro de entrada ao mosteiro paga a pena.
Nós aproveitamos as inmediacións do mosteiro para xantar e coñecer o seu entorno, ao principio da redacción de esta ruta indiquei que non se fixese ningunha derivación; esta é a excepción; é obrigada a visita ao seu entorno, no que podemos visitar o Pombal do mosteiro para a cría de pichóns para o consumo dos frades, rodear a totalidade do mosterio e descender o camiño ata o río, onde podemos ver un muíño de auga. A auga do Deza nesta zona corre de forma bastante virulentcia, ou polo menos en este ano chuvioso, pero o espectaculo do río xustifica a nosa pequena derivación.
Deixamos atrás Carboeiro e o track que descargamos dirixíanos por un camiño que atopamos cerrado pola maleza, retrocedemos sobre os nosos pasos ata Carboeiro e a solución foi percorrer douscentos metros pola estrada que conduce ao mosteiro, andado este treito collemos un camiño a man esquerda que nos introduce de novo no monte. Este tramo é bastante singular, xa que a flora que nos rodea é unha mistura de bosque atlántico cos seus carballos ou castiñeiros, coa mistura de bosque mediterráneo, algo máis dificil de atopar en Galicia e caracterizado por loureiros, aciñeiras e sobreiras, estas últimas cubertas por grosas capas de cortiza ou xa peladas deixando ver a sua madeira roxa, poida que lla sacasen para pechar algunha botella de viño.
Agora imos a recorrer o tramo menos atractivo da ruta, con entradas en pequenos bosques non moi ben coidados e nos que algunha xesta quere facerse coa propiedade do camiño e moitos tramos de asfalto visitando varias aldeas e moitas pradeiras, interese teñen as igrexiñas románicas de esta comarca como Brexa e os seus capiteis, ou Martixe, pero para o meu gusto a máis atractiva é a de Ansemil, igrexa románica e antigo convento de monxas bieitas, ao que se lle engadiu un templo anexo de estilo gótico e que serve como templo mortuorio dos señores de Deza. Destaca unha imaxe petrea gótica no exterior chamada a virxe do leite, na que se vé unha virxe dandolle o peito ao neno. Continamos a nosa andaina ata chegar ao mirador da fervenza do Toxa, iso sí, evitando antes a vía do tren.
O primeiro punto de parada para ver a fervenza do Toxa é un mirador que se atopa a un cento de metros da ruta principal, a verdade é que merece a pena achegarnos, por que dende un mirador un tanto artificial poderemos ver a Fervenza dende arriba, observando este espectacular salto de auga, nós despois de achegarnos a este mirador retrocedemos sobre os nosos pasos e continuamos pola estrada que baixa a base da fervenza. Outra opción e que nós descartamos por ser un tanto perigosa é baixar directamente por un sendeiro que circula a carón da canle de auga que sae das escaleiras do mirador.
Chegamos a base da fervenza do Toxa no que existe un pequeno mirador con unhas mesiñas, igual están ben en época estival, o que pasa é que en esta primavera de 2013 a cantidade de auga que levaba o Toxa facía imposible parar moitos minutos, a auga que había no ambiente semellaba un enorme chuvasco, e como é lóxico pronto marchamos. A fervenza do Toxa é unha das máis altas de Galicia con máis de 50 metros de caída libre, fermosa forma de rematar un río que se unirá en poucos metros co Deza.
Deixamos atrás a fervenza e recorremos un bosque moi espeso e humido de fieitos, musgo e carballos seguindo a ribeira do Toxa por un estreiro sendeiro ata que chegamos á unión do Toxa co Dexa, atravesamos a ponte e recorremos o último treito ata Merza.
Xa nos diredes como vos foi, ahh e non dubidedes en buscar o noso caché!!!!