Distancia
|
11,5 km
|
Dificultade
|
Fácil
|
Tempo
|
2:45 horas
|
Tipo de Roteiro
|
Circular
|
M.I.D.E.
|
1.1.1.2.
|
BTT
|
Non Apta
|
Inicio da ruta
|
N42 57.957 W008 26.705
|
Descarga Roteiro
|
|
Geocaching
|
|
FOTOS
|
Non todas as rutas saen ben ou son do agrado de todos os camiñantes; esto foi o que nos pasou a nós nesta pequena ruta de sendeirismo. A verdade e que levábamos algún tempo co ollo enriba desta ruta, en outras publicacións recomendábana por sinxeliña e atractiva, pero a verdade é que se nos fixo un tanto monótona, eso sí cada camiñante ten un gusto e posiblemente este trazado teña moitos seguidores. Deixámola aquí coas nosas impresións para que tamén vos a poidades coñecer.
Raro é que nós fagamos unha ruta pola tarde, pero despois de pasar unha fantástica noite de San Xoan na compaña de uns amigos achegámonos tarde a Sigüeiro para facer esta pequena ruta. Sigüeiro é unha vila de longa tradición histórica pese a que actualmente teña un urbanismo plenamente renovado; temos claras mencións de esta vila xa na Historia Compostela de Xelmirez escrita no S.XII e coñecida era en tempos medievais pola sua ponte, de paso a Compostela e que servía para cruzar o Tambre aos peregrinos e viaxeiros procedentes da cidade da Coruña. Pois a carón desta antiga pero moi renovada ponte comenzamos a nosa ruta. En un principio pensamos en iniciar a ruta pola senda que xunto á ponte corre subindo o Tambre deixando o río a man dereita. Desbotamos esta idea e cruzamos a ponte para dirixirnos cara a igrexa da Barciela.
A poucos metros de cruzar a ponte tomamos unha pequena estradiña local a man esquerda que nos leva ata a xa mencionada igrexa da Barciela, este pequeno anaco do trazado coincide co chamado Camiño Inglés que vai a Compostela. A parroquia da Barciela ten como caracteristica pertencer a dous concellos, Santiago e Oroso o que derivou en que moitos veciños da banda compostelana solicitasen o paso a Oroso. O templo como se pode ver carece de atractivo arquitectónico e está datado en 1917.
O trazado de esta ruta é circular transitando sempre a carón do río, pero o cesto é que dende a Barciela o paso río e testimonial, e pese a que discorremos todo o tempo ao seu carón apenas se ve tapado pola vexetación de ribeira. Ao saír da Barciela seguimos transitando pola pequena estradiña local e cando levemos preto de un quilómetro de ruta tomamos unha ancha pista forestal ancha como se ve nesta fotografía; este treito lévanos ata a ponte do Piñeirón, un treito que se fai tremendamente aburrido e monótono tendo a vexetación de ribeira sempre a un lado, e a nosa dereita extensos campos de millo.
Dende a ponte do Piñeiron ata a urbanización de Porto Avieira volvemos a andar por asfalto, ao chegar ás instalacions do campo de golf tomamos unha pequena pistiña que nos leva ata o Tambre e comenzamos o tramo máis vistoso da ruta, agora transitamos por un pequeno sendeiro dos que usan os pescadores e con unhas vistas moi bonitas do río; pasaremos por unha pequena área recreativa chamada Penateixa na que en bo tempo haberá algun domingueiro facendo unha churrascada, pero o máis bonito da ruta está un pouquiño máis aló na chamada área recreativa do Refuxio, zona moi coñecida polos veciños de Sigüeiro, zona de baño e mesas realmente bonita e á que accederemos pasando unha pequena ponte.
Dende o Refuxio tan só nos quedarán dous quilómetros para chegar de novo a Sigüeiro e rematar a ruta. Como puidechedes ver non foi unha ruta que nos entusiasmase moito, pero a vos?

Ningún comentario:
Publicar un comentario