Distancia
|
3,2 km
|
Dificultade
|
Fácil
|
Tempo
|
1:00 hora
|
Tipo de Roteiro
|
Circular
|
M.I.D.E.
|
1.2.2.2.
|
BTT
|
Non Apta
|
Inicio da ruta
|
N43 14.234 W008 06.613
|
Descarga Roteiro
|
|
FOTOS
|
Como facemos todos nós buscamos información sobre as
rutas en internet, e iso foi tamén neste caso. A ruta do Río dos Dous Nomes
está homologada pola Federación de Montaña como ruta de pequeno recorrido e en
multitude de blogs aparece como unha camiñata moi bonita. Pero si non hai
mantemento todo se estraga e isto foi o que lle ocorreu a esta ruta no momento
no que nos a recorremos, dela non quedaba máis que os seus muíños; camiños
comidos polas silvas, ausencias de sinais e montes deforestados... ao final non
recorremos unha ruta, pero supoñemos que si lle volven a facer un bo mantemento
será un fermoso sendeiro.
A nosa ruta non é moi longa, uns 3 km que se fan nunha
hora, polo que é ideal para combinar con algunha ruta próxima e pasar un bo día
de sendeirismo. Arrancamos a uns metros de Ponte Xora no concello de Coirós. Ao
inicio da ruta xa nos atopamos con un cartel informativo do recorrido e de unha
pequena área recreativa. Dende o inicio do recorrido temos presente o río que
da o nome a ruta; non é moi grande pero sí que leva bastante auga. A razón do
nome da ruta ven do propio río que tanto lle chaman o río Vexo como río
Fervenzas.
O primeiro quilómetro de este roteiro posiblemente
sexa o sector máis agradable da ruta; deixamos atrás a área recreativa de Ponte
Xora e xa atopamos as primeiras sinais da ruta, debemos deixar o río a nosa man
esquerda e enseguida vemos un mirador do río sobre un promontorio de pedra.
Neste tramo camiñaremos por un sendeiro estreito con bastante vexetación de
ribeira ata que cheguemos ata as Maquías de Xora. Este é probablemente o
rinconciño máis interesante, un conxunto de uns catro ou cinco muíños de auga
xa en ruínas; chamábanlle os muíños de maquía, por que maquía e o nome ao pago
en especie por unha moenda de cereal. Cando aínda se empregaban estes muíños de
auga os veciños pagábanlle unha porcentaxe de cereal ao muiñeiro polo seu
traballo, esa era a maquía.
Deixamos atrás as Maquías de Xora e iniciamos
outro novo quilómetro ata a chamada Fábrica da Luz. O sendeiro agora atravesa
unha zona deforestada, como é natural a sinalización debeu irse coas arbores
que xa non están, o que sí hai e casca por todo o camiño. Ao rematar de pasar
pola devesa chegamos a un camiño ancho que nos achegará costa abaixo ata a
Fábrica da Luz. Antes de fixemos unha pequena derivación na busca so Machuco de
Ois, unha antiga ferrería abandonada fai máis de cen anos pero da que xa non
queda nada e o que hai está envolto pola maleza.
A Fábrica da Luz é unha pequena central hidroeléctrica,
a partir de este punto comezamos o último tramo. Xunto a edificación parte un
camiño ascendente con escaleiras bastante bonito, a subida é un pouquiño
pronunciada pero non ten demasiada duración. Axiña se chega a unha pequena
presa que abastece de auga a central. Aquí o camiño volvese inexistente e abrímonos
paso por onde puidemos, a vexetación cómeo todo e ata que alguén abra de novo o
camiño faise unha ruta un pouco complicada, Pouco a pouco buscamos camiños que
nos acheguen ao final da ruta.
En xeral podemos dicir que tal e como está actualmente
a ruta non é moi recomendable, faltan case todas as sinais e a vexetación come
o sendeiro, posiblemente con bo estado de mantemento sexa unha ruta formidable,
pero é decisión vosa. Xa nos diredes como vos foi...