sábado, 31 de xaneiro de 2015

PR-G 35 O río dos dous nomes



Distancia
3,2 km
Dificultade
Fácil
Tempo
1:00 hora
Tipo de Roteiro
Circular
M.I.D.E.
1.2.2.2.
BTT
Non  Apta
Inicio da ruta
N43 14.234 W008 06.613
Descarga Roteiro
FOTOS



Como facemos todos nós buscamos información sobre as rutas en internet, e iso foi tamén neste caso. A ruta do Río dos Dous Nomes está homologada pola Federación de Montaña como ruta de pequeno recorrido e en multitude de blogs aparece como unha camiñata moi bonita. Pero si non hai mantemento todo se estraga e isto foi o que lle ocorreu a esta ruta no momento no que nos a recorremos, dela non quedaba máis que os seus muíños; camiños comidos polas silvas, ausencias de sinais e montes deforestados... ao final non recorremos unha ruta, pero supoñemos que si lle volven a facer un bo mantemento será un fermoso sendeiro.




A nosa ruta non é moi longa, uns 3 km que se fan nunha hora, polo que é ideal para combinar con algunha ruta próxima e pasar un bo día de sendeirismo. Arrancamos a uns metros de Ponte Xora no concello de Coirós. Ao inicio da ruta xa nos atopamos con un cartel informativo do recorrido e de unha pequena área recreativa. Dende o inicio do recorrido temos presente o río que da o nome a ruta; non é moi grande pero sí que leva bastante auga. A razón do nome da ruta ven do propio río que tanto lle chaman o río Vexo como río Fervenzas.




O primeiro quilómetro de este roteiro posiblemente sexa o sector máis agradable da ruta; deixamos atrás a área recreativa de Ponte Xora e xa atopamos as primeiras sinais da ruta, debemos deixar o río a nosa man esquerda e enseguida vemos un mirador do río sobre un promontorio de pedra. Neste tramo camiñaremos por un sendeiro estreito con bastante vexetación de ribeira ata que cheguemos ata as Maquías de Xora. Este é probablemente o rinconciño máis interesante, un conxunto de uns catro ou cinco muíños de auga xa en ruínas; chamábanlle os muíños de maquía, por que maquía e o nome ao pago en especie por unha moenda de cereal. Cando aínda se empregaban estes muíños de auga os veciños pagábanlle unha porcentaxe de cereal ao muiñeiro polo seu traballo, esa era a maquía.




Deixamos atrás as  Maquías de Xora e iniciamos outro novo quilómetro ata a chamada Fábrica da Luz. O sendeiro agora atravesa unha zona deforestada, como é natural a sinalización debeu irse coas arbores que xa non están, o que sí hai e casca por todo o camiño. Ao rematar de pasar pola devesa chegamos a un camiño ancho que nos achegará costa abaixo ata a Fábrica da Luz. Antes de fixemos unha pequena derivación na busca so Machuco de Ois, unha antiga ferrería abandonada fai máis de cen anos pero da que xa non queda nada e o que hai está envolto pola maleza.




A Fábrica da Luz é unha pequena central hidroeléctrica, a partir de este punto comezamos o último tramo. Xunto a edificación parte un camiño ascendente con escaleiras bastante bonito, a subida é un pouquiño pronunciada pero non ten demasiada duración. Axiña se chega a unha pequena presa que abastece de auga a central. Aquí o camiño volvese inexistente e abrímonos paso por onde puidemos, a vexetación cómeo todo e ata que alguén abra de novo o camiño faise unha ruta un pouco complicada, Pouco a pouco buscamos camiños que nos acheguen ao final da ruta.




En xeral podemos dicir que tal e como está actualmente a ruta non é moi recomendable, faltan case todas as sinais e a vexetación come o sendeiro, posiblemente con bo estado de mantemento sexa unha ruta formidable, pero é decisión vosa. Xa nos diredes como vos foi...

1 comentario:

  1. A nos pasounos o mesmo, pero foi o ano pasado. Abandonamos ao pouco de comezar: mais polo cabreo que pola imposibilidade de continuar. Os concellos, xunta, etc, enchen a boca inaugurando rutas, e despois as abandonan; pola contra os anuncios quedan na internet, os carteis nos inicios, e despois causa mala imaxe. Fai o efecto contrario ao que se busca.

    ResponderEliminar