Distancia
|
10 km
|
Dificultade
|
Fácil
|
Tempo
|
2:30 horas
|
Tipo de Roteiro
|
Circular
|
M.I.D.E.
|
2.2.2.3.
|
BTT
|
Non Apta
|
Inicio da ruta
|
N43 17.542 W008 20.622
|
Descarga Roteiro
|
|
FOTOS
|
Arredor de Cambre foi unha das primeiras rutas
homologadas da nosa comunidade; próxima a cidade da Coruña é unha boa opción
para pasar unha tarde de camiñata. A ruta en si non é desas que nos deixe un
recordo para sempre, pero pasaremos por algún camiño interesante.
A ruta que vos presentamos desta vez volve a ser un
trazado circular e curto, o seu nome, Arredor de Cambre, di todo do que nos
vamos a encontrar, un camiño que lle da a volta a esta vila mariñana. O inicio
está ubicado no centro de Cambre en un parque pola parte traseira da súa igrexa
románica.
Os primeiros metros do recorrido son para saír entre
as súas rúas da vila de Cambre, pronto deixamos atrás as últimas casas e
camiñamos por un pequeno sendeiro entre algún que outro piñeiro. O camiño en
uns poucos centos de metros remata nunha pequena urbanización.. Os catro
primeiros quilómetros son un discorrer entre prados, pequenos piñeirais e
grupos de casas.
Cando levamos aproximadamente catro quilómetros
andando adentramonos no monte de novo e iniciamos a subida cara o castro de
Armental; esta pode ser a zona máis interesante. Abandonamos a estrada e
iniciamos o ascenso por un camiño barrento entre altos balados e cuberto por
unha fermosa arboreda pouco a pouco imos para arriba ata cruzar de novo outra
pista asfaltada. Entre prados dirixímonos cara o castro. Axiña estamos entre
altos muros por un sendeiro moi estreito, isto débese a que estamos camiñando
entre os diferentes muros do castro de Armental; o avanzar faise algo
complicado pero chegase arriba sen problema.
O castro de Armental aínda está sen escavar, ao chegar
a el vemos unhas mesas de madeira a modo de merendeiro, onde podemos aproveitar
para descansar algo. Si nos detemos a mirar a contorna dende as mesas
observamos unha planicie redonda de herba rodeada por unha elevación de un
metro; iso é o que podemos ver do castro de Armental e das súas murallas. Nos
continuamos a marcha en dirección a Estorrentada... pero un problemiña había
uns cabalos a carón do camiño, un deles un gran macho pouco amigable que nos
fixo retroceder e buscar unha pequena alternativa que nos levase rapidamente de
novo ao camiño principal.
Continuamos camiño cara os montes da Penas, unha area
de eucaliptais e piñeirais con algún que outro ascenso e con algunha que outra
vista a comarca das Mariñas; destaca a chamada Pena da Nosa Señora, unha área
chea de inscricións en pedra na que destaca unha con forma de muller o que
rematou derivando en que era a Virxe, de aí o seu nome. Pouco a pouco a ruta
vai chegando ao seu fin e entre urbanizacións chegamos de novo a Cambre.
O punto e final de esta ruta é a igrexa de Santa María
de Cambre, xoia románica do S.XII e con planta de cruz latina con tres naves e
un ábside con cinco capelas, unha das mellores obras do románico galego.
Pos xa nos diredes como vos foi!!!