Distancia
|
7,5 Km
|
Dificultade
|
Fácil
|
Tempo
|
2:00
|
Tipo de Roteiro
|
Circular
|
M.I.D.E.
|
1.2.2.2.
|
BTT
|
Non Apta
|
Inicio da ruta
|
N43 15.844 W008 09.918
|
Descarga Roteiro
|
|
FOTOS
|
O río Mandeo é o corazón de unha multitude de roteiros de sendeirismo; neste caso non recorremos unha ruta sinalizada como tal, pero sí que este roteiro é un clásico na comarca das Mariñas. Unha pequena ruta circular que nos adentrará por un fermoso e antigo bosque de ribeira que nos fará retroceder unha miltitude de anos. Aproveitamos a sinalización de diversas rutas para sair de Chelo ata a central das Pías, volvendo pola ribeira contraria. Seguro que vos vai a gustar...
Chelo é un de eses lugares con encanto, un refuxio de pesca do río Mandeo no que podemos atopar unha pequena área de esparcimento a carón de unha pequena presa que regula o caudal do río. Tamén hai un centro de interpretación onde nos facilitarán información das diferentes rutas sinalizadas do río Mandeo. Nós tiramos polo fácil e posiblemente fose unha das opcións máis fermosas das que podíamos valorar no río Mandeo.
Deixamos o coche estacionado onde morre a estrada e sin cruzar o Mandeo tomamos o camiño que pasa a carón do centro de interpretación, o resto é facil, seguir para adiante ata chegar a central de Zarzo. En pouco máis de tres quilómetros adentraremonos nunha espesa fraga na que o único que falta e que nos atopemos con algun trasno ou fadas encantadoras.
Deixamos atrás a aula de interpretación do Mandeo e o camiño xa pouco a pouco se vai estreitando, discorre paralelo ao río, e debemos de mantelo sempre a nosa esquerda. O sendeiro esta cheo de follas e pequenas pozas durante todo o ano, e un sendeiro cómodo de andas pero con bastantes pedriñas ou raices que nos poden facer perder o equilibrio nun momento de descuido. O camiño cruzase continuamente con outros pequenos sendeiros, todos eles morren a carón do río polo que non temos problemas de perdida.
A central do Zarzo e o punto de inflexión da ruta, en ese lugar damos a volta e retornamos pola ribeira oposta de Mandeo. Antes de chegar deberemos cruzar o río por unha das tres pontes que atravesan o Mandeo. A carón da central sae unha pista ascendente pola que continuaremos a nosa marcha. Agora o sendeiro é un pouquiño máis técnico, pero sigue sendo moi asequible incluso para nenos. A senda apartase un pouquiño da ribeira do río, vai un pouquiño máis alta pero sigue a ser un sendeiro sin perda algunha.
A pouco máis de un quilómetro de acabar a pateada pasamos a carón das ruinas de duas vellas casas, hoxe en día non son nada, pero nos anos 30 do século XX estas edificacións formaban un importante balneario chamado Bocelo. Unha das estructuras estaba adicada aos baños de augas sulfurosas, ainda podemos ver restos das bañeiras e da caldeira. O outro eduficio era a hospedería dos bañistas. Un incendio arrasou por completo nos anos 40 o balneario e xa non volviu a estar operativo. Podemos ver aínda unha pequena fonte á que poderemos acceder baixando tres chanzos, o cheiro a ovos podres delatan a sua carga sulfurosa.
Continuamos camiño e xa logo estamos de novo en Chelo o camiño pouco a pouco vaise achegando de novo ao Mandeo. A final da etapa é eun unha pequena área de esparcemento que hai a carón de unha pequena presa. Tan só queda cruzar de novo o Mandeo e xa estamos de novo no inicio da ruta.
Animádevos que vos gustará, e xa nos diredes!!!