Distancia
|
7 km
|
Dificultade
|
Fácil
|
Tempo
|
2 horas
|
Tipo de Roteiro
|
Lineal
|
M.I.D.E.
|
1.2.1.2.
|
Inicio da ruta
|
N42° 26.071' W008° 46.921'
|
Final da ruta
|
N42° 27.816' W008° 44.518'
|
Descarga Roteiro
|
|
FOTOS
|
Dise que a Ruta do Río Chanca é a irmá pequena da PR-G 170 Ruta da Pedra e da Auga da
que xa falaramos anteriormente neste blog; a verdade é que teñen moita
similitude, rematan as dúas no mosteiro de Armenteira, e contando con dous
coches recomendaría facer as dúas rutas xuntas para ter unha boa xornada de
sendeirismo sen demasiada esixencia. Aínda que considerada menor en comparación
coa Ruta da Pedra da Auga, a Ruta do Río Chanca atravesará viñedos e bosquetes
de ribeira que farán da xornada unha experiencia moi agradable.
Tal vez o máis complicado de esta ruta é chegar ó
punto de arranque; non é que sexa algo imposible pero estamos en terras de
furanchos e entre pistiñas entre cepas de albariño pouco a pouco chegamos a
Lores, punto de inicio e situado no concello de Meaño. Posiblemente o meu erro
foi empregar o GPS, agora estou un tanto vago e tiro de coordenadas coas voltas
que acaba xerando iso. Á volta continuei a estrada dereita e saín a estrada sen
mais voltas nin problemas.
A igrexa de Lores funcionará como faro para o inicio
da nosa ruta, o punto de arranque está baixo ela que está situada nun alto ben
visible. O inicio situase xunto a unha pequena ponte sobre o río Chanca, hai
espazo para aparcar en batería uns cinco ou seis coches. Adentrámonos e xa nos
primeiros pasos damos á man esquerda con un enorme e fermoso muíño fariñeiro
chamado Muíño de Daniel o Ferreiro. Será o primeiro dos 23 muíños que nos
acompañarán na ruta; neste caso moi ben conservado.
Como podemos ver a ruta está perfectamente sinalizada,
forma parte de unha serie de recorridos marcados e homologados de forma
consecutiva e polo tanto as súas marcas están en perfecto estado, chan de zahorra
nos primeiros quilómetros, bancos, valos, papeleiras e incluso iluminación.
Dende o meu punto de vista un pouco despropósito para unha pateada, pero é a
forma de potenciala. Estes dous primeiros dous quilómetros transcorren por unha
zona moi humanizada, e na comarca do Salnés cando se fala de humanización
falase de cepas de albariño; casiñas agro e sobre todo emparrado que no verán
estará exuberante.
Neste primeiro tramo máis baixo da ruta é onde
atopamos os muíños de maior tamaño, eran muíños de maquía. O seu funcionamento
estaba baseado na maquía, unha porcentaxe de cereal que quedaba para o muiñeiro
a cambio da moenda; era o sistema tradicional de emprego, o que podía diferir
un pouquiño máis era o sistema de descarga de auga, como vemos nesta fotografía
a auga dirixíase á muíño a través de unha canle chamada levada. En moitos casos
e despois de abrir a chave a auga caía directamente sobre o rodicio do muíño,
na miña zona é o máis común. Polo Salnés tamén se muíños de cuba, a auga
depositase nunha gran piscina anexa o muíño que se empregará no momento de
moer.
Cando levamos dous quilómetros de ruta aparecen as
primeiras masas boscosas, para min é a parte máis agradable do recorrido, os
restos dos muíños están mimetizados co entorno, a maioría en estado ruinoso.
Dende que saímos de Lores apenas houbo metros chans, e é en continua e suave
subida, agora si en época de calor agradécese a sombra pero tamén a humidade
faranos suar.
O río Chanca é máis ben un pequeno regato, recorre
ladeira abaixo o seu cauce serpenteando entre pequenas rochas e raíces de
salgueiros. Como xa dixen anteriormente estamos camiñando por un entorno menos
humanizado e algo máis natural; desapareceron bancos, luces e a maldita
zahorra. Como se ve na fotografía camiñamos por un estreito e cómodo sendeiro
entre un bosquete de ribeira, salgueiros, fentos, brións e algún cabaliño do
demo serán xunto o balbordo das augas o noso compañeiro de viaxe.
No quilómetro cinco chegamos a unha pequena estrada de
debemos atravesar; o cambio de paisaxe e total, camiñaremos por unha ancha
pista pecuaria entre eucaliptais, este tipo de terreo acompañaranos ata
practicamente o final do recorrido, e o mellor que podemos facer é pisar o
acelerador e achegarnos á Armenteira. A chegada ó mesmo farase por un pequeno
carreiro descendente a carón do muro que cerra o recinto do mosteiro.
O mosteiro de Armenteira é unha das xoias do románico
galego e como xa o fixen noutras rutas como na ruta PR-G 170 Ruta da Pedra
e da Auga, non me vou a para a describir as características de
este estilo artístico. O que si me gusta é a lenda do seu fundador Ero de
Armenteira do que xa falan as Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio. Ero
de Armenteira fundara o mosteiro por petición da propia Virxe; el estaba con
gañas de saber como era o Paraíso e continuamente lle demandaba a Virxe que llo
deixase contemplar. Unha tarde saíu a pasear en torno a un río e quedou
reflexionando baixo unha árbore mentres oía o cantar dun merlo. Ese trance
durou 300 anos ata que volveu de novo a un mosteiro no que non o recoñecían.
A ruta do Río Chanca é moito máis interesante que as
conclusións que poidades sacar destas liñas. Lineal e sinxela de camiñar, a
miña magoa foi non ter outro coche de apoio e enlazala co PR-G 170 Ruta da
Pedra e da Auga, máis fermosa que esta e que sería unha xornada de sendeirismo
espectacular. No meu caso o que fixen foi desandar o andado.
Espero que vos guste e xa nos diredes!!!
How to Get to Toto Vegas Casino by Bus - Mapyro
ResponderEliminarHow 하남 출장샵 to 경상북도 출장안마 get to Toto Vegas Casino by Bus by 영주 출장샵 Bus 춘천 출장마사지 to this page, you will need to enter the following 안양 출장샵 address: Address (Address)