Distancia |
14 km |
Dificultade |
Fácil |
Tempo |
4:30 |
Recorrido |
Circular |
M.I.D.E. |
1.2.2.3. |
Descarga do roteiro |
Levo un par de anos viaxando a diario ás Pontes de García Rodríguez. Normalmente un non lle presta demasiada atención ao que ten cerca, e é certo que cando iniciamos a andadura do blog realizáramos unha ruta por esta zona que nos encantara, o PR-G 147 Fragas da Ribeira e Lostegal. Ultimamente estaba vendo en bastantes blogs uns comentarios moi bos da Ruta do río Trimaz, no veciño concello de Xermade. Pois alá fomos un sábado, e a verdade é que non defraudou para nada.
Estamos na Terra Cha, unha comarca chan como indica o seu nome e cunca hidrográfica do río Miño. A ruta que presentamos na súa maior parte recorre sendas de pescadores a carón do río Trimaz. Sendas moi agradables, estreitiñas e onde domina a vexetación de ribeira serán o prato forte da xornada, pero tamén atravesaremos unha fermosa carballeira e camiños rurais por toda a aldea de Cabreiros.
E Cabreiros é o noso punto de inicio, concretamente o lugar de Chao. A carón dos restos de unha antiga igrexa, da que hoxe tan só se manteñen uns arcos formando unha praza iniciamos a ruta. Recorremos uns primeiros metros de pista rural asfaltada, pero a man dereita o trazado xira para buscar unha pequena senda de pescadores. Non son moitos metros ata chegar á estrada, pero tras atravesala, volvemos a retomar o sendeiro.
Este sendeiro non está homologado, pero atopamos sinais oficiais en boa parte do recorrido, non sabemos o que pasou coa homologación. O Trimaz a esta altura non é un río importante, e terá que esperar a chegar ao concello de Vilalba para fundirse co Magdalena mudando o seu nome polo de Ladra, un dos principais afluentes chairegos do Miño. A nós isto traenos sen coidado, estamos camiñando por unhas sendas ven bonitas, que por veces nos obrigan a abrir ou pechar algunha cancela, ou incluso ter coidado cos cabalos de algunha finca colindante.
Como podemos ver no trazado a partir do quilómetro tres a ruta fai un pequeno bucle de uns catro quilómetros. O primeiro treito de esta volta é idéntico ao que viñamos camiñando, pero no quilómetro cinco o río queda atrás e tomamos unha pequena estrada sen apenas tráfico ata chegar a un pequeno grupo de casas chamado Penachaíña, para uns metros máis alá tomar un desvío descendente por unha cómoda pista forestal que nos pechará o círculo.
Continuamos a ruta na busca de outro curso de auga, un regato que na cartografía se denomina rego das Caxigas. Pasamos a carón de un muíño de auga e uns metros máis adiante nunha zona de braña tivemos unha pequena confusión. Fose como fose perdemos o trazado do camiño e a sinal do GPS non axudaba demasiado. Ao principio o agobio foi notable, a sinal do GPS non era mala e o camiño marcado estaba próximo, só que non o atopamos. Decidimos atravesar unha fermosa fraga de carballos e moitos castiñeiros, e mentres apañábamos castañas no chan chegamos en un acusado ascenso ao camiño principal.
Quedábanos por adiante os últimos cinco quilómetro de ruta, e parecía que xa estaba todo rematado. Os camiños cada vez eran máis anchos e cómodos de camiñar, pasamos por algunha aldea como Vilacide. Recordo que en este tramos tivemos que transitar por unha zona desbrozada que relentizaban bastante o paso. En un pequeno monte aproveitamos para facer unha paradiña e avituallarnos antes de chegar ao final.
Os últimos quilómetros son entre casas do rural coa sorpresa de algún mastín que coidaba tanto do gando como da entrada das casas. En sí podemos dicir que foi unha ruta moi sinxeliña, pero cargadiña de interese.
Xa nos diredes como vos foi!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario